Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
 Materias
  Formación Académica e Profesional
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlle aos estudantes a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
Seminario A través das titorías, o profesor facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...). Computa na avaliación continua.
Seminario A través dos seminarios abordaranse temas específicos, que permitan profundizar os contidos da materia. É dicir, utilizaranse como complemento das clase teóricas. Computan na avaliación continua.
Lección maxistral Presentación estruturada dos temas, coa finalidade de facilitar información organizada, seguindo os criterios adecuados á finalidade dos mesmos. Guión facilitador e a correspondente exposición verbal, por parte do profesor, dos contidos da Organización Escolar.
Traballo tutelado Os estudantes, de forma individual ou en grupos, realizarán proxectos supervisados polo profesor. Computan na avaliación continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000