Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
 Materias
  A Convivencia nos Centros de Secundaria e o Traballo dende Departamento de Orientación
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia A Convivencia nos Centros de Secundaria e o Traballo dende Departamento de Orientación Código P02M066V06253
Titulación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
4 OB 1 2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Gutierrez Manjón, Teresa de Jesús
Correo-e tgmanjon@uvigo.es
Profesorado
Gutierrez Manjón, Teresa de Jesús
Web
Descrición xeral A materia “ A convivencia nos centros de secundaria e o traballo desde o departamento de orientación”, está integrada no módulo específico do Máster Universitario para o Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas.
O contido desta materia pretende ser unha ferramenta eficaz, práctica e operativa para o estudiante –futuro docente- ó tratar de responder a retos trascendentes que se dan habitualmente nos centros educativos e nas propias aulas. Dada a complexidade da convivencia escolar é preciso dotar de recursos e asesorar aos docentes e ó demais persoal da comunidade educativa.
O incremento dos problemas de conduta nas aulas, a detección de situacións de acoso e o deterioro do clima educativo nos centros escolares promoveu, nos últimos anos, unha importante corriente de traballo para a mellora da convivencia nos centros escolares.
Trataremos de formar nos fundamentos teóricos, legais e nos plans de actuación para a mellora da convivencia e a aprendizaxe escolar de cada Comunidade e o coñecemento e formación para o desenvolvemento de propostas de intervención aplicadas a: a mellora de sistema disciplinario (coa formación de equipos de mediación e tratamiento de conflitos), a xestión dos problemas da aula, a optimización do proceso de ensino-aprendizaxe (a través da Aprendizaxe Cooperativa) e a intervención individual (con actuacións específicas para situacións de acoso e victimización).
Pretendemos que esta aprendizaje potencie unha actitude colaborativa no ámbito da convivencia. Trataremos de levar a cabo un enfoque preventivo e promotor dun clima escolar enriquecedor e estimulante que facilite a adquisición de competencias e habilidades e a educación en valores.
Esta asignatura pretende facilitar a reflexión e análise crítico sobre os procesos de interacción e convivencia na aula así como a aprendizaxe de técnicas e ferramentas de intervención psicosocial e titorial para o futuro docente.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000