Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
 Materias
  A Convivencia nos Centros de Secundaria e o Traballo dende Departamento de Orientación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo. 10
Traballo tutelado O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvementos con actividades autónomas do estudante. 40
Foros de discusión Actividade desenvolvida nun medio virtual na que se debaten temas diversos relacionados co ámbito académico e/ou profesional. 10
Traballo O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avalicación continua:

- Para acadar unha avaliación continua positiva, dada a modalidade de ensino presencial do Master, esíxese a todo o alumnado unha asistencia presencial dun mínimo do 80% das sesións (admisible a Xustificación da falta do 20% das horas) ademais da realización e entrega de tarefas ponderables.

 

- Os prazos de entrega das actividades, traballos, etc. serán comunicados na clase no momento oportuno. É necesario respetalos estrictamente para ser cualificados na avaliación continua.

 

- Avaliación Global:

O alumnado que non obteña unha avaliación continua positiva sobre os parámetros expostos anteriormente, poderá presentarse a unha proba escrita (data marcada no calendario do mestrado para exames oficiais) sobre todos os contidos traballados. Esta proba estará avaliada en base á rigurosidade e profundización dos coñecementos e competencias acadadas polos alumnos/as na materia e terá unha ponderación de 10 puntos (100% da nota final).

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000