Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
 Materias
  A Convivencia nos Centros de Secundaria e o Traballo dende Departamento de Orientación
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer as características dos estudantes, así como os procesos de interacción e comunicación na aula e no centro que permitan a identificación e reflexión crítica sobre as situacións conflitivas e a súa resolución. B1
B3
Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe favorecedores da convivencia escolar. B1
B3
Coñecer e analizar diversos plans e proxectos relacionados coa convivencia escolar que forman parte do proxecto educativo de centro, participando na súa definición e desenvolvemento. B1
Ser capaz de coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas. B6
Adquirir e poñer en práctica diversas estratexias e habilidades que permitan una intervención axeitada para a resolución de conflitos de convivencia no contexto escolar: habilidades de pensamento e de decisión, habilidades sociais, dinámica de grupos, xestión democrática de normas, aprendizaxe cooperativo, mediación, negociación, educación emocional, educación en valores, etc. B1
Adquirir experiencia na planificación, desenvolvemento e avaliación de programas para a mellora da convivencia escolar. B3
Coñecer as características das familias e comprender a súa función educadora na adquisición de competencias e aprendizaxe para a resolución pacífica de situacións conflitivas. B1
B3
Deseñar e realizar actividades formais que favorezan a aprendizaxe e as aportacións dos estudantes, nun bó clima escolar. B3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000