Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
 Materias
  Orientación Base Legal, Composición, Planes e Programas
   Recomendacións


 
Outros comentarios
O alumnado non asistente debe comunicar ao docente, durante a primeira semana de clase, a súa intención de optar polo itinerario alternativo e concertar unha titoría personalizada. Recoméndase a asistencia continua ás sesións de teoría e prácticas. A asistencia considérase fundamental para o seguimento da materia por parte do alumnado e para a avaliación, por parte dos docentes, do grao de desenvolvemento das capacidades instrumentais e procedementais. A comunicación entre os estudantes e as docentes realizarase mediante os foros habilitados para dúbidas académicas. As cuestións persoais serán tratadas unicamente mediante o correo electrónico institucional. Non se responderá a direccións de correo persoais. Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000