Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Pontevedra): Orientación
 Materias
  Sistema Educativo e Educación en Valores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Estes traballos versarán sobre unha temática previamente aportada polo profesor e consensuada co alumno/a e relacionada coas temáticas dos bloques de contido. 30
Resolución de problemas de forma autónoma O profesor ofertará ó alumnado unha escolmna de textos. O alumno pola súa banda elixirá entre os textos ofertados. Consistirá nun análise crítico-reflexivo relacionado con as temáticas traballadas dentro dos contidos. Asimismo dentro da resolución de problemas e/ou exercicios abordarase a visualización de vídeos susceptibles de enriquecer a materia e complemetaria á información e os contados que se desenvolvan nas clases. 30
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ó grupo de clase polo profesor. O profesor centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia ao Seminario é obrigatoria. A avaliación global da materia resultará da integración das distintas notas da avaliación continua. O alumnado deberá ter superado o 50% da materia para poder obter unha cualificación positiva. O alumnado que non realice todas as actividades de avaliación obterá unha cualificación final de SUSPENSO. Na avaliación de segunda oportunidade avaliarase mediante un único exercicio escrito sobre os contidos da materia.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000