Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Educación Física
 Materias
  A Didáctica da Educación Física: Elementos Curriculares
   Contidos
Tema Subtema
Bloque 1 Os obxectivos en E.F. Tarefas do profesorado vinculadas aos obxectivos. A elección de obxectivos en E.F., a súa formulación e clasificación. Taxonomías de obxectivos e o seu valor didáctico; Taxonomías do ámbito motor: aplicacións prácticas para o desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe en E.F.
Bloque 2 Os contidos en E.F. Evolución dos contidos na E.F. Factores da súa evolución; Valor e tratamento educativo das correntes orixinadas. Tipos de contidos. Tarefas do profesor vinculadas aos contidos; selección e formulación
Bloque 3 As actividades en E.F.: do exercicio á tarefa. Función das actividades: a análise das tarefas. Selección das tarefas. Presentación das tarefas; estratexias na práctica. Aspectos a considerar na aprendizaxe das tarefas motrices: a transferencia, a motivación, o feedback e o coñecemento de resultados.
Bloque 4 Os estilos de ensino en E.F.: Evolución e perspectivas. Os estilos de ensino no ámbito da E.F.
Bloque 5 A avaliación da E.F.: Evolución e caracteres. A avaliación en E.F. desde a perspectiva constructivista. Finalidades, medios e instrumentos de avaliación en E.F. As diferentes clases de avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000