Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Educación Física
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
8
OB
1
1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Alvariñas Villaverde, Mirian
Correo-e
myalva@uvigo.es
Profesorado
Alvariñas Villaverde, Mirian
Web
Descrición xeral
Esta materia aborda aspectos xerais relativos á evolución da educación física, aos diferentes marcos de referencia que tivo e ás variacións no seu obxecto de estudo, partindo de concepcións pasadas ata chegar aos significados e formulacións actuais da mesma. Así mesmo, e a través dunha perspectiva educativa, desenvólvese a historia desta materia no sistema educativo, estudando como evolucionaron as intencións e funcións da educación física na escola.
A materia supón o punto de partida para coñecer, non só o contexto histórico e conceptual, senón tamén o curricular. Deste xeito, destinaremos parte da materia ao estudo da evolución do currículo da educación física, neste caso concreto, na Educación Secundaria.
Por outra banda, tal e como se especifica na descrición dos contidos desta materia achegada na memoria para a solicitude de verificación do título, profundaremos no traballo docente en equipo, en como se pode e debe traballar de maneira conxunta nesta etapa educativa en relación coa educación física.
Finalmente, traballaremos con especial dedicación a atención á diversidade do alumnado, enfocada á educación física na Educación Secundaria; en primeiro lugar, profundaremos no seu coñecemento/comprensión e na variedade de colectivos que se integran dentro deste concepto, para abordar posteriormente, e de forma moito máis concreta, o traballo con certos grupos de interese, realizando experiencias prácticas e de investigación.