Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Educación Física
 Materias
  Sistema Educativo e Educación en Valores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Estes traballos versarán sobre unha temática previamente aportada polo profesor e consensuada co alumno/a e relacionada coas temáticas dos bloques de contido. 30 B1
B13
B18
C8
C10
C21
C30
D1
D2
D3
Resolución de problemas de forma autónoma O profesor ofertará ó alumnado unha escolmna de textos. O alumno pola súa banda elixirá entre os textos ofertados. Consistirá nun análise crítico-reflexivo relacionado con as temáticas traballadas dentro dos contidos. Asimismo dentro da resolución de problemas e/ou exercicios abordarase a visualización de vídeos susceptibles de enriquecer a materia e complemetaria á información e os contados que se desenvolvan nas clases. 20 B18
C8
C10
C21
C30
D1
D2
D3
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ó grupo de clase polo profesor. O profesor centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia. 50 B1
B13
B18
C1
C6
C9
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A cualificación final da disciplina resultará da integración das distintas notas. Deberán ser superadas todas as partes para poder obter unha calificación positiva. O alumno que non realice todas as actividades de evaluación obterá unha cualificación final de SUSPENSO. Na segunda convocatoria avaliarase mediante un exercicio escrito.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000