Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Ciencias Experimentais. Educación Física
 Materias
  Sistema Educativo e Educación en Valores
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Os traballos de aula versarán sobre unha temática previamente aportada polo profesor e relacionada coas temáticas dos bloques de contido.
Resolución de problemas de forma autónoma O profesor ofertará ó alumnado unha escolmna de textos. O alumno pola súa banda elixirá entre os textos ofertados. Consistirá nun análise crítico-reflexivo relacionado con as temáticas traballadas dentro dos contidos. Asimismo dentro da resolución de problemas e/ou exercicios abordarase a visualización de vídeos susceptibles de enriquecer a materia e complemetaria á información e os contados que se desenvolvan nas clases.
Prácticas autónomas a través de TIC Os alumnos pola súa banda, coa oportuna orientación do profesor, afondarán en cuestións concretas que non foran abordadas máis que dun xeito moi xenérico na exposición deste e que sexan susceptibles de tratamento de estudio recorrindo ós soportes documentais e bibliográficos pertinentes. O alumno realizará procuras documentais e bibliográficas para a maior comprensión dos bloques de contido. Neste sentido, apoiarase nas fontes e bases de datos especializadas tanto da biblioteca da nosa universidade como doutras fontes atopadas a través de internet.
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de maneira expositiva ó grupo de clase polo profesor. O profesor centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de maneira condensada a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e imbricándose cos demais do programa a fin de lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estructurais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000