Guia docente 2011_12
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
 Materias
  Metodoloxía Cualitativa nas Ciencias da Actividade Física
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia Metodoloxía Cualitativa nas Ciencias da Actividade Física Código P02M052V01108
Titulación
Máster Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
3 OB 1 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Pino Juste, Margarita Rosa
Correo-e mpino@uvigo.es
Profesorado
Contreras Jordan, Ricardo Onofre
Pino Juste, Margarita Rosa
Web http://webs/uvigo.es/mpino
Descrición xeral A investigación é un proceso riguroso, cuidadoso e sistematizado no que se procura resolver problemas de modo que se obteña un coñecemento organizado e garantir alternativas de solución viables para poder intervir sobre ela.
Para a resolución dos problemas detectados diseñamos unha investigación científica. Esta investigación pódese desenvolver dende dous enfoques importantes: o cualitativo e o cuantitativo.
Durante moito tempo, e sobre todo no campo da saúde, deuse mais énfase os datos cuantitativos, e nembergantes a investigación cualitativa era completamente descoñecida, e moitas veces, considerada de menor valor e menor rigor científico póla súa subxetividade.
No enfoque cualitativo enténdense que as cantidades son parte das cualidades e polo tanto prestase maís atención o profundo dos resultados, a comprender con profundidade un fenómeno; e non a xeralización dos mesmos xa que a nosa intención como investigadores é describir as cualidades do fenómeno estudiado e non medilos.
Polo tanto, non podemos falar de Paradigma Cualitativo, Metodología Cualitativa o Investigación Cualitativa; xa que o cualitativo o cuantitativo son enfoques da investigación científica, e ámbolos poden ser usados nunha mesma investigación, interaccionando as suas metodoloxías.
No ámbito das ciencias deportivas e da saúde o continuo saúde-enfermidade constitúe unha realidade complexa que se constrúe socialmente na vida cotia dos indivíduos, das comunidades e dos profesionais. De aí que unha visión constructivista do binomio saúde-enfermidade implique estudar e entender as poboacións mais ala dos métodos meramente cuantitativos.
Tendo en conta estas ideas explícase o auxe da Investigación Cualitativa tanto nos campos da saúde como da educación xa que resulta fundamental enténder, explicar e avanzar no coñecemento das necesidades e expectativas dos individuos, así como dos factores que interveñen na efectividade das actividades sanitarias e accións educativas, e tamén no desenvolvemento das actividades dos propios profesionais.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000