Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Prácticas externas: Practicum Código P02G120V01981
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
48 OB 4 An
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Paz García, Maria Begoña
Correo-e marpaz@uvigo.es
Profesorado
Paz García, Maria Begoña
Web
Descrición xeral O artigo 2 do Real Decreto 1707/2011, de 18 de novembro, polo que se regulan as prácticas académicas
externas dos estudantes universitarios, define estas como
“[...] unha actividade de natureza formativa realizada polos estudantes universitarios e supervisada polas
Universidades, cuxo obxectivo é permitirlles aos mesmos aplicar e complementar os coñecementos
adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que os preparen para o
exercicio de actividades profesionais, faciliten a súa empregabilidade e fomenten a súa capacidade de
emprendemento”.
O Real Decreto mencionado establece no seu artigo 3 que, coa realización das prácticas académicas
externas, se pretenden alcanzar os seguintes fins:
a) Contribuír para a formación integral dos estudantes complementando a súa aprendizaxe teórica e práctica.
b) Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional na que os estudantes
han operar, contrastando e aplicando os coñecementos adquiridos.
c) Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas.
d) Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo e mellore a súa
empregabilidade futura.
e) Favorecer a innovación, a creatividade e o emprendemento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000