Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticum Informe da titora ou titor do centro, segundo o protocolo correspondente 50
Informes/memorias de prácticas Asistencia e avaliación das reunións e outras actividades programadas

Memoria de Prácticas
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. A titora ou titor académico
da universidade avaliará as prácticas desenvolvidas polos estudantes de
conformidade cos criterios e fontes de información sinalados. Se mantendrán las competencias adquiridas en primera convocatoria hasta segunda.

2. Para
superar a materia do Prácticum o estudante deberá acadar o aprobado en cada un
dos criterios de avaliación establecidos nos informes, tanto do titor/a do
centro escolar como do titor/a académico. Manteranse as competencias adquiridas en primeira convocatoria ata segunda.


3. A titora ou titor do centro escolar, como indica o art. 13 do Real Decreto
1707/2011, de 18 de Novembro, polo que se regulan as prácticas académicas
externas dos estudantes universitarios, realizará e remitirá ao titor/a
académico da Universidade a avaliación final.

4. Para
facilitar o proceso de avaliación, antes do inicio das prácticas, o coordinador/a
do Prácticum remitiralle ao centro escolar a folla de avaliación na que se
reflictan as diferentes competencias obxecto de mesma.



Particularmente, no tocante á Memoria de Prácticas, sinalar:



1. A Memoria
das prácticas desenvolverase consonte o establecido no art. 14 do Real decreto
1707/2011, de 18 de Novembro.



2. A través
da guía docente, así como por outro tipo de orientacións, a Comisión de
Prácticas establecerá anualmente as recomendacións precisas para unha correcta
elaboración da Memoria.



3. Para
facilitar o proceso de avaliación cada titor ou titora contará coa
correspondente folla de avaliación.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000