Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Recursos para o ensino das matemáticas
   Competencias
Código Descrición
CG1 Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos
CG2 Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro
CG4 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
CG6 Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
CG10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes
CG11 Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
CG12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
CE38 Adquirir competencias matemáticas básicas (numéricas, cálculo, geométricas, representacións espaciais, estimación e medida, organización e interpretación da información, etc)
CE39 Coñecer o currículo escolar de matemáticas
CE40 Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas. Suscitar e resolver problemas vinculados coa vida cotiá
CE41 Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico
CE42 Desenvolver e evaluar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes
CT1 Capacidade de análise e síntese
CT2 Capacidade de organización e planificación
CT3 Comunicación oral e escrita na lingua materna
CT5 Coñecemento de informática relativos ao ambito de estudo
CT6 Capacidade de xestión da información
CT7 Resolución de problemas
CT8 Toma de decisións
CT9 Traballo en equipo
CT13 Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade
CT14 Razoamento crítico
CT16 Aprendizaxe autónoma
CT17 Adaptación a novas situacións
CT18 Creatividade
CT21 Iniciativa e espírito emprendedor
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000