Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación ambiental para o desenvolvemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos
Elaboración en grupos de proxectos relacionados cos diferentes ámbitos da EA
40
Traballos de aula
Elaboración de diversos traballos de aula de forma tutelada
25
Prácticas de laboratorio
Realización de actividades experimentais e dun caderno de prácticas
15
Outras Participación activa nas distintas tarefas (debates, presentacións, coavaliacións...)
e actitude cooperativa nos traballos grupais.
Realización de pequenas probas individuais sobre contidos da materia
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

*Neste curso preténdese continuarase participando no Proxecto de Innovación: "DESEÑO E IMPLANTACIÓN DE PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN EN GRAOS E POSGRAOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA: CUESTIONARIOS KPSI, RÚBRICAS E MAPAS CONCEPTUAIS EN FORMATO DIXITAL", consistente no deseño e implantación de procedementos que inciden no proceso de aprendizaxe (avaliación formativa e formadora, na que o alumnado é corresponsable) a través dos seguintes instrumentos: Cuestionarios ou formularios Knowledge and Prior Study Inventory (KPSI), Rúbricas ou matrices de valoración e Mapas Conceptuais. Todos eles están inseridos na combinación entre o traballo cooperativo e o individual, pois se ben os procesos de aprendizaxe teñen lugar socialmente, a aprendizaxe é individual. No caso dos Mapas Conceptuais tamén se utilizan como probas de execución ou realización.

*O alumnado que non asista a clase e non realice satisfactoriamente as actividades de aula, deberá entregar un traballo e presentarse ao examen final.

*O alumnado que non acade o aprobado poderá presentarse en segunda convocatoria (Xullo), neste caso, para acadar a nota total do 100% deberá entregar un traballo e presentarse ao exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000