PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Farase una avaliación continua a través do seguimento do alumno nos traballos da aula a través da exposición de traballos e a realización de probas. Avaliarase a súa competencia oral, a súa competencia escrita e a aprendizaxe e adquisición de competencias e de coñecementos. Para poder ser calificado con esta modalidade, o alumno deberá entregar todas as probas establecidas polas docentes, nas datas indicadas. Se o alumno non entrega todos os traballos, non poderá acollerse á avaliación continua.
Os alumnos que non fagan avaliación continua farán unha proba final que valerá o 100% da nota final, que se realizará nas datas oficiais establecidas polo centro. Neste exame haberá unha parte teórica e unha parte práctica que abrangue tanto exercicios de corrección lingüística, semellantes aos desenvolvidos nas horas prácticas da materia, como de aplicación didáctica dos contidos estudados ao longo do curso.
Os alumnos poderán consultar as datas oficiais dos exames na web da facultade, no apartado de Organización Académica: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames.
AVISO: a detección de plaxio nalgún dos traballos propostos suporá a perda do dereito á avaliación continua.
2ª CONVOCATORIA Na convocatoria de xullo farase unha proba final que valerá o 100% da calificación salvo para aqueles alumnos que teñan feito a avaliación continua, pero que non aprobasen na primeira convocatoria. A estes alumnos gardaráselles a nota obtida na Exposición do traballo (20%) e responderán a preguntas de desenvolvemento por un valor do 80% da nota. Estas preguntas serán tanto dos contidos teóricos da materia coma dos prácticos (exercicios de corrección lingüística e de aplicación didáctica dos contidos teóricos).
As datas dos exames poden consultarse na páxina web do centro, no apartado de Organización Académica: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames. |