Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación física e a súa didáctica na educación primaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Prácticas de laboratorio O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixa as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante.
Aprendizaxe baseado en proxectos Utilizarase como metodoloxía basee a Aprendizaxe Baseada en Proxectos ou Project Based Learning (PBL) e/ou a aprendizaxe en servizo. Trátase dun método didáctico que utiliza metodoloxías activas e colaborativas cuxo obxectivo é que o alumnado alcance o dominio duns contidos mediante a realización dun proxecto.
Utilizaranse diferentes estratexias didácticas, como a gamificación, técnicas cooperativas ou a aula
investida e recursos e materiais propios da disciplina. No desenvolvemento do proxecto cumpren un papel fundamental as contornas virtuais de aprendizaxe que neste caso desenvolveranse a través da plataforma ( MOOVI).
Eventos científicos O alumnado poderá achegar documentación doutros eventos educativos que se realicen na facultade, na universidade ou no contexto social próximo sempre que axuden o desenvolvemento exitoso da materia e a asimilación e dominio dos contidos.
Seminario A profesora organizará un seminario monográfico que sirva para facilitar a comprensión do contido da materia. No caso de que este seminario non teña lugar, as horas específicas asumiranse como clase maxistral.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000