Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua inglesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Ó mesmo tempo deberase entregar por escrito (tanto en formato papel como en formato electrónico), unha copia do devandito traballo na data indicada (30=20+10 puntos).

Os arquivos teñen que ser etiquetados da seguinte maneira:

primaria2018_topic_apelido1_apelido1_apelido1_apelido1.pdf

primaria2018_topic_apelido1_apelido1_apelido1_apelido1_song

A data de entrega dos traballos pactarase ó principio do curso e non se admitirán traballos fóra de data.

A utilización de tradutores automáticos está totalmente prohibida.
30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C63
C65
D1
D2
D4
D7
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Presentación Ó longo do curso o alumnado, en grupos, deberá facer varias exposicións obrigatorias.

Exposición 1 (en grupo): elaboración dunha secuencia CLIL ca metodoloxía e as actividades que consideren relevantes para o nivel e a temática seleccionada. Ademais de presentar oralmente o traballo os estudantes deberán representar a súa secuencia, turnándose nas funcións de profesor todos os membros do grupo (20=15+10 puntos).


Exposición 2 (individual): o tema pactarase ó principio do curso (10 puntos).

Exposición 3 (en parellas): concurso de karaoke (10 puntos).

Exposición 4 (individual) exposición sobre un tema de interesa para a materia e o resto dos alumnos (10 puntos)

50 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C65
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Exame oral Conversa na lingua estranxeira de forma individual co profesor sobre a temática dos libros de lectura e da película recomendada. (20)
20 A3
A4
C45
C48
C50
C51
D1
D2
D4
D16
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OUTRAS VIAS:

 En caso de ausencia forzosa do docente, as tarefas e contidos poderán ser abordados por vía Telemática. 


 AVALIACIÓN: 

Posto que a materia ten dúas partes diferenciadas, a avaliación terá unha parte centrada na didáctica e outra na lingua. A avaliación na primeira convocatoria será continua. Por tanto a realización de todas as tarefas obrigatórias é imprescindible para superar a materia. 

Todo o alumnado que non poda optar pola evaluación continua ten derrito a ser avalado mediante un exame que constará duhna proba escrita (70) e outra oral (30). A proba oral durará 10 minutos e será una conversa na lingua estranxeira sobre puntos de interese dos contos e a película recomendados.  A data das probas será a data oficial para os exames que se recoge na páxina web da facultade  (www.fcced.webs.uvigo.es) no apartado de organización académica.

Os alumnos que no podan asistir as aulas e que queran acollerse a evaluación continua deberán facer as tarefas e as presentacións obrigatórias nas datas establecidas.  Unha vez que o alumno se acolle á evaluación continua, de non facer TODAS as tarefas obrigatorias, será calificado como non presentado na primeira convocatoria. A asistencia ás exposicións dos compañeiros é obrigatoria xa que haberá que avalialos. 

 Durante o cuadrimestre os alumnos deberán ler os contos de lectura obrigatoria e ver a película que se recomenda na bibliografía. 

 O uso de tradutores automáticos está totalmente prohibido. A súa utilización suporá a perda da opción á avaliación continua, tendo que presentarse á avaliación da segunda convocatoria. 

 Calquera situación extraordinaria comunicarase ao profesorado para a súa consideración. 

De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na segunda convocatoria de xullo.

Tarefas obrigatorias para a evaluación continua: Exposición 1 (20 puntos), exposición 2 (10 puntos), exposición 3 (10 puntos), exposición 4 (10 puntos); traballo escrito (20 contido+10 inglés), exame oral (20 puntos). 


 SEGUNDA CONVOCATORIA: 

 Se o alumnado non pode cumprir os requisitos da avaliación continua ou se non acadara os puntos necesarios para superar a materia durante a evalución continua, poderá presentarse á segunda convocatoria. Neste caso será avaliado cun único exame en inglés con probas escritas e orais (70+30). A proba escrita estará relacionada cos contidos do programa, con preguntas de carácter teórico e supostos  prácticos. De aprobar a escrita, farase unha proba oral, na que o estudante deberá conversar durante 10 minutos sobre puntos de interese didáctico da película obrigatoria e os contos obligatorios. 

 A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro para a segunda convocatoria no apartado de organización académica (www.fcced.webs.uvigo.es). 
 As datas dos exames orais acordaranse segundo as dispoñibilidades de horarios do centro e do alumnado que aprobase o exame escrito.


VÍDEOS DE TRABALLO: 


Once upon a time LIFE. The fantastic story of the human body. Serie de vídeos sobre o corpo humano. 

FILME OBRIGATORIO:

 School of rock. 2003. Dir. Richard Linklater 

CONTOS LECTURA OBRIGATORIA: 

Burns, Marilyn (2008). The greedy triangle. Scholastic bookshelf 

Manley, Heather (2015). The Human Body detectives. (story 1 and 2). Heather Manley N.D.

Silverstein, Shel (2005). The giving tree. UK: Harper Collins 


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000