Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua francesa e a súa didáctica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Nas datas estabelecidas nas aulas o alumnado deberá presentar en francés os resultados dos 3 proxectos grupais propostos polo profesor e que serán entregados na plataforma de aprendizaxe. O alumnado presencial deberá realizar todos os proxectos propostos ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada grupo de traballo disporá de 10 minutos e poderá usar os medios técnicos que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán avaliadas polo profesor segundo unha grade de avaliación cuxos criterios e baremo poderán ser consultados na plataforma de aprendizaxe. En calquera caso, os grupos serán creados aleatoriamente polo profesor. 25 B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C63
C65
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Aprendizaxe baseado en proxectos Nas datas estabelecidas nas aulas o alumnado deberá presentar en francés os resultados dos 3 proxectos grupais propostos polo profesor e que serán entregados na plataforma de aprendizaxe. O alumnado presencial deberá realizar todos os proxectos propostos ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada grupo de traballo disporá de 10 minutos e poderá usar os medios técnicos que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán avaliadas polo profesor segundo unha grade de avaliación cuxos criterios e baremo poderán ser consultados na plataforma de aprendizaxe. En calquera caso, os grupos serán creados aleatoriamente polo profesor. 25 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C63
C65
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Aprendizaxe baseado en proxectos Nas datas estabelecidas nas aulas o alumnado deberá presentar en francés os resultados dos 3 proxectos grupais propostos polo profesor e que serán entregados na plataforma de aprendizaxe. O alumnado presencial deberá realizar todos os proxectos propostos ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada grupo de traballo disporá de 10 minutos e poderá usar os medios técnicos que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán avaliadas polo profesor segundo unha grade de avaliación cuxos criterios e baremo poderán ser consultados na plataforma de aprendizaxe. En calquera caso, os grupos serán creados aleatoriamente polo profesor. 25 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C63
C65
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
Resolución de problemas Ao longo do curso, o profesor proporá dez desafíos voluntarios e, tras a súa avaliación, outorgará ao alumnado distincións cun determinado valor sobre a nota final. As instrucións dos desafíos, o seu valor na cualificación final e os criterios da súa concesión estarán detallados na plataforma de aprendizaxe. 25 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
B6
B8
B10
C11
C13
C16
C34
C43
C45
C48
C50
C51
C52
C62
C63
C65
D1
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D13
D15
D16
D17
D19
D20
D21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As datas e os prazos das avaliacións estarán expostas desde o inicio do curso na plataforma de aprendizaxe e na web da facultade.

Avaliación en primeira convocatoria

Avaliación continua

O alumnado deberá realizar e expor en francés todos os proxectos propostos polo profesor. A nota final calcularase a partir da suma das notas obtidas en cada proxecto obrigatorio e cada desafío voluntario. Cada proxecto valerá un máximo de 2,5 puntos sobre a nota final e cada desafío voluntario un máximo de 0,25 puntos.

Avaliación global

O alumnado que non puider ou non desexar realizar a avaliación continua deberá solicitar ao profesor facer a avaliación global ao longo do primeiro mes de aulas. A avaliación global consistirá na realización dun exame escrito sobre o 100% dos contidos traballados nos proxectos de aula. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 e contará con diferentes tarefas onde se avaliarán a comprensión oral e escrita do alumnado en francés, así como a súa expresión oral e escrita. O tipo de exame e os instrumentosde avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na plataforma de aprendizaxe.

Alumnado con necesidades educativas especiais (NEE)

O alumnado que presentar necesidades educativas especiais por dificultades específicas de aprendizaxe poderá se obxecto dunha adaptación do sistema de avaliación. Esta adaptación, deseñada entre o profesor e o alumnado implicado, procurará garantir o recurso a todos os medios necesarios para que o alumnado con NEE poida demostrar a consecución dos obxectivos da materia.

Avaliación en segunda convocatoria

O alumnado que non concorrer a ningunha avaliación (continua ou global) en primeira convocatoria será avaliado como non presentado. Para quen non superar a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas en segunda convocatoria. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria.

O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100%  dos contidos traballados nos proxectos de aulada materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará con diferentes tarefas onde se avaliarán a comprensión oral e escrita do alumnado en francés, así como a súa expresión oral e escritacunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. O tipo de exame e os instrumentosa grade de avaliación que usará o profesor estarán dispoñíbeis na plataforma de aprendizaxe.

Linguas de traballo

As linguas de traballo da materia serán o francés, o galego, o castelán e excepcionalmente o inglés. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, preferentemente en lingua francesa. Sempre que o profesor non dea outras indicacións, alumnado poderá empregar calquera das linguas de traballo. Porén, o esforzo por usar o francés será tido en conta positivamente na avaliación final. Os enunciados dos exames estarán redactados unicamente en lingua francesa. O alumnado de programas de mobilidade internacional poderán recibir apoio en lingua inglesa mediante pedido.

Fica prohibida a utilización do tradutor automático en calquera actividade de aprendizaxe desta materia, así como na comunicación co profesor. O seu uso repetido nun proxecto ou nun exame poderá supor a invalidación dos mesmos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000