Presentacións/exposicións |
Nas datas estabelecidas na clase durante o período de exames do cuadrimestre, o alumnado deberá presentar oralmente o seu portfolio de aprendizaxe, froito das tarefas parciais encargadas polo profesor e que estarán recollidas nun blog de aprendizaxe. O alumnado deberá ter realizado todas as tarefas propostas ao longo do curso para ser avaliado na primeira convocatoria. Cada estudante disporá de 10 minutos e poderá usar os medios audivisuais que a facultade pon ao seu dispor. As exposicións serán públicas, aínda que o/a alumno/a poderá decidir se quere realizar a exposición só en presenza do profesor. As exposicións de cada estudante serán avaliadas segundo unha grella de avaliación cuxos criterios e baremo serán negociados na aula ao inicio do cuadrimestre. Sexa como for, nos criterios de avaliación que conformarán esta grella terase en conta a asistencia ás aulas. |
50 |
Avaliación en segunda convocatoriaO alumnado que non viñer ás aulas e/ou que non elaborar a totalidade das tarefas do portfolio de aprendizaxe ou das actividades en liña nos prazos estabelecidos non poderá realizar a presentación oral do portfolio de aprendizaxe. Nese caso, será avaliado como non presentado en primeira convocatoria. O alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada polo centro. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grella estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deverá resolver. Linguas de traballoAs linguas de traballo da materia serán o francés, o galego (norma RAG o AGLP) e o castelán. O profesor comunicarase co alumnado en todo momento, tanto por oral como por escrito, en lingua francesa. O alumnado poderá empregar calquera das tres linguas de traballo, tanto da comunicación oral ou escrita como nas tarefas parciais e presentación final. Os enunciados do exame en segunda convocatoria estarán redactados en lingua francesa, pero o alumnado poderá realizalo en calquera das tres linguas de traballo da materia. |