Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua francesa e a súa didáctica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse con toda a clase, nas horas de grupo A. Nelas profesor e alumnado traballarán os conceptos esenciais dos diferentes puntos indicados nos contidos da materia e necesarios para a elaboración dos proxectos. O profesor tamén indicará bibliografía e outros recursos útiles para o alumnado poder encontrar información adicional.
Aprendizaxe baseado en proxectos Ao longo do curso, o profesor proporá tres proxectos de aprendizaxe que se deberán presentar oralmente nas datas indicadas no inicio do curso. Todos os proxectos serán de carácter grupal e as instrucións para a súa realización estarán detalladas na plataforma de aprendizaxe. Nas aulas o profesor guiará o alumnado para a execución destes proxectos mediante a realización de tarefas grupais e colaborativas.

Resolución de problemas Nos grupos B, o alumnado realizará unha serie de tarefas grupais en espazos colaborativos dixitais para traballar diferentes aspectos relacionados cos proxectos en curso.
Debate Desenvolveranse preferentemente nas horas de tipo C. O alumnado deberá achegar respostas e ideas sobre as preguntas que se formulen nas sesións maxistrais, aínda que tamén se poderán programar encontros dixitais con algunha persoa experta. As horas de debate tamén se poderán usar para reforzar competencias lingüísticas ou dixitais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000