Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua francesa e a súa didáctica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse con toda a clase, nas horas de grupo A. Nelas profesor e alumnado traballarán os conceptos esenciais dos diferentes puntos indicados nos contidos da materia e necesarios para a elaboración dos proxectos. O profesor tamén indicará bibliografía e outros recursos útiles para o alumnado poder encontrar información adicional.
Aprendizaxe baseado en proxectos Ao longo do curso, o profesor proporá un mínimo de catro proxectos que integrarán o portfolio ou blog de aprendizaxe e que se deberán presentar oralmente nas datas indicadas no inicio do curso. Todos os proxectos serán de carácter grupal e as instrucións para a súa realización estarán detalladas na web da materia. Preferentemente nas horas de tipo B, o profesor guiará o alumnado para a execución destas tarefas mediante a realización de actividades grupais e colaborativas.
Presentación Desenvolveranse preferentemente nas sesións de tipo A. Para cada proxecto, os grupos deberán expor oral e presencialmente o resultado do seu traballo. Cada grupo disporá de 10 minutos para realizar a súa presentación.
Resolución de problemas Nos grupos B, o alumnado realizará unha serie de actividades de aprendizaxe coas que o profesor ilustrará estratexias, metodoloxías e tecnoloxías habituais no ensino dunha lingua estranxeira.
Debate Desenvolveranse preferentemente nas horas de tipo C. O alumnado deberá achegar respostas e ideas sobre as preguntas que se formulen nas sesións maxistrais, aínda que tamén se poderán programar encontros dixitais con algunha persoa experta. As horas de debate tamén se poderán usar para negociar datas, horarios, criterios e metodoloxía do sistema de avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000