Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua francesa e a súa didáctica
   Contidos
Tema Subtema
2. Identificación de oportunidades na contorna para fomentar a propia aprendizaxe e diagnóstico de necesidades e obxectivos. Uso de internet para aprendizaxe autónoma. 2a. As variábeis do ensino das linguas estranxeiras na educación primaria:
idade, lingua inicial, contexto sociocultural, necesidades e obxectivos.

2b. Metodoloxías no ensino das linguas estranxeiras.

2c. Aprendizaxe da lingua estranxeira por proxectos na Educación Primarial.
3. A presentación de novos elementos funcionais, gramaticais e lexicais na aula de francés. A práctica oral na aula mediante actividades comunicativas en parellas e grupos. 3a. O nivel A1 do MECR en educación infantil: obxectivos, contidos e
competencias.

3b. O DCB de Educación Primaria e a aprendizaxe das linguas estranxeiras.

3c. Actividades para traballar as competencias lingüísticas en lingua
estranxeira na Educación Primaria: comprensión oral e escrita, expresión oral e escrita.
4. O lugar dos xogos gramaticais na aula; crear e levar a cabo actividades que fomentan a produción comunicativa e ‘autónoma’ na aula. O contacontos na aula de lingua estranxeira. 4a. Cancións e música na clase de francés en Educación Primaria.

4b. O papel dos contos na clase de francés de Educación Primaria.

4d. O uso do xogo na clase de francés de Educación Primaria.
5. A unidade didáctica: preparación dunha unidade didáctica – elección de temática, identificación de metas, obxectivos e de competencias lingüísticas, socioculturais,discursivas e estratéxicas, planificación e temporalización da unidade. 5a. A escolla de materiais para traballar na aula: documentos pedagoxizados e documentos auténticos.

5b. Temporalización de obxectivos, contidos e actividades
6. A avaliación: avaliar a propia experiencia con esta materia en termos das necesidades e obxectivos identificados ao comezo do curso; a avaliación do francés na aula de Primaria, por parte do profesor e por parte do alumno. 6a. A avaliciación da comprensión oral e escrita.

6b. A avaliación da expresión oral e escrita.
7. Lingua. Quen son? 7a. Características físicas, afectivas e persoais: describirse a si mesmo e os demais en termos da apariencia e do carácter. Identificar alguén mediante a súa descrición.

7b. Expresar o acordo e o desacordo; técnicas de clarificación, paráfrase e verificación.
8. Lingua. A medio no que vivimos. 8a. Descrición de vivendas e lugares.

8b. Comprensión de anuncios de pisos e vivendas en aluguer.

8c. Orientarse na cidade.
9. Lingua. Solicitar un traballo. 9a. Comprender textos relacionados co mundo laboral

9b. Practicar entrevistas de traballo en parellas.

9c. Ler e escribir cartas de solicitude de emprego.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000