Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Innovación e investigación didáctica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminario A través delas o profesor facilitará e orientará os estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...). Se traballará con os grupos que configuren os grupos C da materia. Neste a partado faremos traballo colaborativo e participativo coas dúbidas e avances da materia, dando lugar a grupos de discusión.

Aprendizaxe baseado en proxectos Mediante esta metodoloxía os estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto de Innovación Educativa e outro de Investigación Educativa nun tempo determinado para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades, e todo isto a partir do desenvolvemento de aprendizaxes adquiridas e do uso efectivo de recursos.

Actividades introdutorias Estas actividades servirán para presentarlle os estudantes a materia: competencias, contidos,
planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.

Estudo de casos En este apartado se presentarán ó alumnado varios proyectos de innovación e investigación reais para que analicen, discutan e propoñan alernativas.
Lección maxistral
A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas loxicamente estruturados coa finalidade de facilitar información organizada seguindo criterios axeitados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos da Innovación e Investigación Didáctica
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000