Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das ciencias experimentais II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Avaliación continua a través da elaboración e exposición de traballos individuais e/ou de equipo cooperativo. 10 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Traballos de aula Avaliación global do proceso de aprendizaxe e adquisición
de competencias e coñecementos mostrados a través dos traballos de aula e do diario do alumnado
30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Aprendizaxe baseado en proxectos Avaliación continua a través do seguimento do alumnado no deseño dun proxecto relacionado coas ciencias para alumnado de E. Primaria 30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
Prácticas de laboratorio Avaliación continua a través do seguimento da realización de actividades prácticas e do caderno de laboratorio do alumnado 30 C25
C26
C27
C28
C29
C30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores . O uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • O libro titulado Didáctica de las ciencias en la educación secundaria será de uso obrigatorio.

Condicións de avaliación:

  • Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol/diario e/ou caderno de laboratorio nos que haberá parte grupal e parte individual, subirao á sección particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, o traballo consistirá na recolleita do seguimento das sesións lectivas, coas notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación e autoavaliación das sesións correspondentes. A realización completa e a entrega deste diario/cartafol/caderno de laboratorio será condición necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade presencial de avaliación continua.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
  • Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos traballos e probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
  • A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares
  • O alumnado que non asistíu a clase, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas escritas presenciais sobre os contidos da materia xerais e de de laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames . Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.

De non ter
superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas
serán avaliadas na convocatoria de xullo’

Criterios de avaliación da 2ª convocatoria:

  • Para obter unha avaliación positiva o alumnado que asistíu regularmente a clase, coa porcentaxe de asistencia indicada anteriormente, poderá optar por presentar as tarefas e traballos pendentes indicados para a 1ª convocatoria ou pola realización de exame (dúas probas escritas presenciais sobre os contidos desenvolvidos na aula e no laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web da facultade no apartado de organización académicahttp://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames. Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
  • O alumnado que non asistíu a clase, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas escritas presenciais sobre os contidos da materia xerais e de de laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames. Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000