Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das ciencias experimentais II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2012_13
Materia Didáctica das ciencias experimentais II Código P02G120V01502
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Departamento Didácticas especiais
Coordinador/a
Alvarez Lires, Maria Mercedes
Correo-e lires@uvigo.es
Profesorado
Alvarez Lires, Maria Mercedes
Web
Descrición xeral Se tomamos en consideración os referentes que neste momento existen acerca das tendencias ao redor da
titulación que marca o EEES, como son o estudo das competencias específicas de formación disciplinaria e
profesional do Libro Branco (ANECA) do Título de Grao de Maxisterio na área de ciencias experimentais,
obsérvase que as competencias máis valoradas aluden a aspectos vinculados directamente co
desenvolvemento didáctico da área, xunto á imprescindible formación e coñecemento dos contidos do
propio currículo de Ciencias da EP. Os coñecementos, actitudes e destrezas específicos para a área de
Ciencias Experimentais exponse en termos de obxectivos na proposta de Título Universitario de Grao
segundo RD 55/2005, de 21 de xaneiro de Mestre de EP. Neste contexto normativo, as universidades van
seguir sendo competentes na formación inicial do profesorado e van seguir contribuíndo substancialmente
ao perfil profesional do profesorado novel de EP.
Por outra parte, a ciencia forma parte da cultura e caracteriza, en gran medida, a sociedade na que vivimos.
O alumnado de Educación Primaria debe aprender as posibilidades de intervención no medio de maneira que
se favoreza a sostibilidade das formas de vida e do medio ambiente a través dun achegamento ao mundo
físico e natural e dunha interrelación coas outras áreas de coñecemento. Trátase dun enfoque globalizado de
utilización da ciencia para formar á cidadanía. O alumnado desta titulación, futuro persoal docente, debe
promover unha educación científica que axude a pensar, a comunicarse, a facer e a autorregularse, tendo
como referente o establecido no currículo de Educación Primaria da Consellería de Educación da Xunta de
Galicia.
A práctica docente universitaria e as liñas de investigación didáctica, neste campo, deben contemplar
metodoloxías e construcións conceptuais, procedementais e actitudinais, sempre en interacción e co
horizonte do desenvolvemento das competencias básicas, relativas a problemas globais de actualidade tales
como os referidos medio ambiente e ao desenvolvemento sostible. Deste modo, partindo das metodoloxías
propias da didáctica das ciencias, pódense utilizar os enfoques C-T-S, os da construción do coñecemento
arredor de problemas globais, os de alfabetización científica e técnica da cidadanía, ou os da Educación en
Ciencia Global: Débese incluír o tratamento da transversalidade, prestando especial atención á igualdade
entre homes e mulleres, dentro dun modelo integrador.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000