Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Lingua galega
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2018_19
Materia Lingua galega Código P02G120V01404
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía galega e latina
Coordinador/a
Acuña Trabazo, Ana
Correo-e ganime@uvigo.es
Profesorado
Acuña Trabazo, Ana
Web
Descrición xeral A especialidade de Grao en Educación Primaria esixe que o futuro docente posúa, ademais dunha ampla
formación en aspectos psicopedagóxicos, un dominio cabal da ferramenta básica e imprescindible na
comunicación: a lingua. Tal competencia é condición sine qua non para a transmisión de coñecementos e
para formar os discentes dun xeito integral. E tres son as destrezas que os profesores deben perfeccionar
nas aulas para alcanzar os obxectivos inherentes á aprendizaxe desta materia: a capacidade lectora
(comprensión, ritmo, dicción), a expresión oral (corrección, claridade, fluidez) e a expresión escrita
(corrección, cohesión, propiedade).
O futuro mestre de Educación Primaria deberá, polo tanto, adquirir un nivel adecuado de lingua galega que
lle permita o dominio das destrezas arriba sinaladas (lectura expresiva, expresión oral e expresión escrita)
para levar a cabo unha tripla tarefa: utilizar a lingua galega como lingua normal no ensino, servir de modelo
de corrección lingüística aos seus alumnos e detectar e corrixir os erros que estes poidan cometer na lingua
oral e na escrita.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000