A materia ten parte teórica (60% da cualificación) e práctica (40%), que se avaliarán do seguinte xeito: - Parte A: o alumnado que asista ao 80% das sesións A poderá superar esta parte mediante a entrega de traballos de aula. O alumnado que non cumpra coa asistencia indicada ou non entregue os traballos establecidos deberá realizar un exame. - Parte B: o alumnado que asista ao 80% das sesións B poderá superar esta parte mediante a entrega de traballos prácticos. O alumnado que non cumpra coa asistencia indicada ou non entregue os traballos establecidos deberá realizar un exame. A cualificación total será a suma das dúas partes, tendo en conta que é preciso superar ambas para aprobar a materia. De non superar algunha parte, a cualificación máxima posíbel será de 4.5. Alumnado de segunda oportunidade de avaliación: De non ter superada a materia na primeira oportunidade de avaliación, as competencias non adquiridas serán avaliadas na oportunidade de avaliación de xullo, para a que se gardarán as partes aprobadas (A/B) na primeira oportunidade. O alumnado que non aprobe algunha parte da materia na primeira oportunidade de avaliación,
poderá optar na segunda por: - No caso de ter asistido a clase, pódense realizar as actividades pendentes de avaliación
positiva. - Realizar o exame A e/ou B (según corresponda) da materia. As datas oficiais dos exames pódense consultar na web da facultade: http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |