A materia ten parte teórica (60% da cualificación) e práctica (40%), que se avaliarán do seguinte xeito: - Parte teórica: o alumnado que asista ao 80% das sesións teóricas poderá superar esta parte mediante a entrega de traballos de aula. O alumnado que non cumpra coa asistencia indicada ou non entregue os traballos establecidos deberá realizar un exame. - Parte práctica. o alumnado que asista ao 80% das sesións prácticas poderá superar esta parte mediante a entrega de traballos prácticos. O alumnado que non cumpra coa asistencia indicada ou non entregue os traballos establecidos deberá realizar un exame. O alumnado que non aprobe algunha parte da materia (teoría/práctica) na convocatoria de maio,
poderá optar na convocatoria de xullo por realizar as actividades pendentes de avaliación
positiva ou pola realización dun exame. Gardarense para a convocatoria de xullo as cualificacións
positivas acadadas na primeira convocatoria, que se promediarán coas
obtidas nesta, de acordo coas porcentaxes indicadas anteriormente. Neste curso preténdese experimentar o Proxecto de Innovación: "DESEÑO E
IMPLANTACIÓN DE PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN EN GRAOS E
POSGRAOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA: CUESTIONARIOS KPSI, RÚBRICAS E
MAPAS CONCEPTUAIS EN FORMATO DIXITAL" (Pendente de Resolución Reitoral),
consistente en: Neste marco proponse o deseño e implantación de procedementos que
inciden no proceso de aprendizaxe (avaliación formativa e formadora, na
que o alumnado é corresponsable) a través dos seguintes instrumentos:
Cuestionarios ou formularios Knowledge and Prior Study Inventory (KPSI),
Rúbricas ou matrices de valoración e Mapas Conceptuais. Todos eles
están inseridos na combinación entre o traballo cooperativo e o
individual, pois se ben os procesos de aprendizaxe teñen lugar
socialmente, a aprendizaxe é individual. No caso dos Mapas Conceptuais
tamén se utilizan como probas de execución ou realización.
|