Educational guide 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das artes plásticas e visuais
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado Durante cada sesión farase un seguimento personalizado para orientar ó alumno/a na realización do exercicio. Para cada un dos exercicios se elaborará unha ficha explicativa colgada na plataforma FAITIC, especificándose os seguintes apartados: contidos, materiais a empregar, función pedagóxica, procedemento, criterios de avaliación específicos, e bibliografía específica. Nos traballos tutelados observarase a evolución do grupo e de cada un dos seus compoñentes nas distintas fases do proceso creativo así como do desenvolvemento do traballo colaborativo. Deste xeito atenderase ó alumnado solventando os bloqueos do proceso de indagación e resolvendo dúbidas sobre a elaboración do traballo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000