Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Ciencias experimentais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Consistentes na realización de investigacións pautadas e na elaboración de informes en formato dixital multimedia sobre a aprendizaxe e a ensinanaza dos contidos científicos e tecnolóxicos tratados na materia. 40
Prácticas de laboratorio O alumnado, individualmente e en pequeno grupo deseñará simulacións e desenvolvera actividades experimentais para a súa realización na aual-laboratorio e no contorno exterior próximo ao centro. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización individual de dúas probas escritas presenciais, unha sobre os contididos teóricos desenvolvidos na aula e a outra sobre as características do deseño de actividades experimentais a desenvolver na aula-laboratorio e no contorno exterior próximo ao centro. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é un referente para unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula-laboratorio e na aula virtual do curso é preciso asistir ás sesión lectivas de aula e de aula-laboratorio nun 80% cupo do tempo presencial, cun aproveitamento axeitado.
  • Os documentos dixitais multimedia, como arquivos, dos traballos e tarefas do curso serán
    dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada
    alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do
    curso na plataforma telemática, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
  • 1ª CONVOCATORIA:A cualificación final (nota) será obtida, por avaliación contínua, mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares (notas) dos traballos de aula, das prácticas de laboratorio e das probas presenciais, realizadas ao longo do curso. En todo caso será necesario a cada unha cualificación mínima de aprobado (5 sobre 10) en cada un dos apartados establecidos de: Traballos de aula, Prácticas de aula-laboratorio e Proba presencial individual.
  • 2ª CONVOCATORIA: se gardarán todas as cualificacións parciais (notas) positivas dos traballos de aula e das prácticas de laboratorio, obtidas pola alumna ou polo alumno durante todo o curso, que poderadas segundo as porcentases anteditas (40% e 20%, respectivamente) serán acumuladas sumativamente nunha cualificación única (nota), a que promediará ao 40 % coa cualificación (nota) da proba escrita presencial desta convocatoria.
    Se a alumna ou o alumno manifesta expresamente, por escrito na cabeceira da primeira folla de exame desta 2ª convocatoria, o seu desexo de que non sexan tidas en conta estas notas, a súa cualificación final será unicamente a nota derivada da corrección desta proba.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000