Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Aprendizaxe e desenvolvemento da motricidade na educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
Exame teórico-práctico dos contidos da materia
50
Prácticas de laboratorio 1. Asistencia activa as clases prácticas
2. Elaboración e posta en marcha de sesións prácticas e tarefas por parte do alumnado
30
Presentacións/exposicións Presentación, exposición e posta en práctica do proxecto de traballo grupal, aplicando un instrumento de medición da motricidade
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno/a terá que acadar unha nota numérica mínima de 5 puntos sobre 10 en cada un dos tres apartados avaliables, é dicir, hai que aprobar todos os apartados da materia (o exame, ás prácticas e o traballo).

Para a segunda convocatoria, en xullo, se non se chega a un 5 en algún dos apartados cualificables na convocatoria anterior, o alumno/a terá que presentarse so cos apartados suspensos (teórico, práctico ou traballo).

O alumnado que non supere a materia nas dúas convocatorias do curso académico 2014/2015, terá que presentarse con toda a materia ao ano seguinte.

O alumnado que non poda asistir a clase por causa grave e baixo xustificación, terá que facer un traballo para compensar a non asistencia a clase, ademais dun exame práctico. Deberá porse en contacto cos docentes no primeiro mes de clase para determinar o tema do mesmo e as datas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000