Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral O alumnado realizará unha proba tipo test para avaliación dos contidos conceptuais (competencias de coñecemento).
Para a avaliación da proba tipo test utilizaráse a formula: Acertos menos (erros / n – 1). Donde n = nº de posibles respostas correctas n= nº de item.
Na convocatoria de xullo o tipo de exame será de preguntas cortas.
40 A3
A5
B1
B11
C8
C11
C17
D1
D14
Aprendizaxe baseado en proxectos O proxecto final consistirá na presentación dunha unidade didáctica fundamentada a nivel teórico. Este proxecto será presentado o dia do exame oficial da materia.
Este traballo permitirá avaliar os contidos procedimentais.
50 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B4
B10
B11
B12
C7
C8
C9
C12
C15
C16
C17
C18
D1
D2
D6
D8
D13
D15
Titoría en grupo Utilizaranse rexistros observacionais para comprobar a participación do alumnado nos traballlos, a sua implicación nos mesmos e as suas actitudes de colaboración, axuda, reflexión crítica e apoio o labor de equipo (competencias saber ser e saber estar).
Tamén mediante estes rexistros a profesora poderá medir a participación, implicación nos traballos, compromiso, ético, etc.. do alumnado nos traballos grupais.
10 A2
A4
B5
B8
B9
B10
B12
C9
C11
C13
C14
D9
D14
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación desta asignatura desenvólvese en varios niveis e
dimensións. Partindo do marco xeral das competencias, é dicir, das
capacidades, a avaliación intentará recoller e valorar aqueles aspectos
relacionados co alumnado respecto de: campo dos coñecementos, campo dos
procedementos, campo actitudinal e campo relacional.

Entendemos
que o equilibrio estará en que o alumnado acabe por dominar estas catro
grandes dimensións que dalgunha forma contribuirá a que se forme de
xeito integral.

A avaliación está deseñada en función das
seguintes características: formativa, continua, integral e final. Polo
tanto, afecta a todo o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

A
avaliación do proxecto terá dous aspectos: por un lado a xustificación
teórica dos distintos elementos curriculares traballados e por outro o
seu diseño. Para avaliar o proxecto seguiranse as seguintes normas:

1
.- Utilización dos coñecementos disponibles nos documentos traballados
na aula para contrastar as propias ideas, apoialas e
fundamentalas.Comprensión das ideas básicas contidas nos materiais
utilizados e analizados.

2.- Expresar correctamente as ideas propias, argumentadas e demostrar capacidade de escoita e receptividade.

3.- Crítica razonada de posicións e feitos fundamentados con argumentos utilizando un vocabulario técnico propio da materia.

4.- Claridade expositiva, habilidades de comunicación, estructura da presentación traballada na aula.

5.- Estructura lóxica das ideas.

6.- Utilización e manexo das TIC.

7.- Adecuación e coherencia entre as actividades prácticas e os contidos teóricos.

8.-
Calidade das aportacións e expresións de ideas innovadoras,
contribucións no traballo en grupo, compromiso nas diferentes tarefas.

9.- Formulación dos obxectivos didácticos, adecuación a idade, o tempo, etc.

10.- Selección do tema, secuenciación dos contidos o longo da unidade didáctica, adecuación a idade, o tempo, etc.

11.- Selección das actividades, creatividade na súa elaboración, adecuación a idade e a temporalización.

12.- Diseño innovador de recursos.

13.-
Selección das estratexias de avaliación: actividades de avaliación,
tipos e técnicas de avaliación, deseño de instrumentos,

O
seguimento dos grupos de traballo convírtese unha ocasión privilexiada
para introducir, por parte da profesora, aspectos actitudinais
(cooperación, responsabilidade profesional, motivación polo traballo de
mestre, etc.). Do mesmo xeito, en algunhas fases do proxecto pídeselle
ao alumnado que valoren o seu propio traballo (autoavaliación) ou o
traballo dos demais compañeiros (coavaliación) para facer unha
retroalimentación do proceso que permita solventar os erros na
aprendizaxe o antes posible.

Para a valoración de traballo en grupo o alumnado debe cubrir unha matriz de autovaloración que estará dispoñible na plataforma.

A
cualificación final da disciplina resultará da integración das
distintas notas nas actividades realizadas. Deberán ser superadas todas
as partes para poder obter unha cualificación positiva. Os alumnos/as
que non realicen todas as actividades de avaliación obterán a
cualificación final de suspenso, aínda que algúns dos exercicios estean
aprobados. Se o alumno/a realiza algunha das actividades de curso terá a
cualificación de suspenso, xa que participou nalgunha das actividades e
se realiza unha avaliación continua.

Se na convocatoria de
xuño non fosen superadas todas as partes da avaliación, en xullo
avaliaranse mediante un exercicio escrito, a presentación dunha unidade
didáctica xustificada e diseñada según o modelo constructivista e as
prácticas de aula que poden atoparse na plataforma TEMA.

ALUMNADO
NON ASISTENTE: O alumnado non asistente deberá presentar os mesmos
traballos de aula e facer as mesmas probas co alumnado asistente.

A revisión dos exames será no despacho da profesora unha vez concluída a corrección.

Pautas de mellora para a recuperación

Serán
varias as estratexias que poñamos a disposición do alumnado para a súa
mellora, e de selo caso, da recuperación da materia:

l.- Titorías onde podemos ir vendo a evolución na aprendizaxe e resolver posibles dúbidas.

2.- Exercicios na plataforma. Onde se poderá comprobar os avances e estado actual do rendemento individual e de grupo.

3.-
Probas de auto-reflexión e autoavaliación onde os grupos e os alumnos
individualmente poderán reflexionar de forma sistemática sobre o que
estamos facendo, os avances sobre o aprendido, e a funcionalidade
práctica dos contidos impartidos.

Os exercicios e as probas para a sua análise estarán na plataforma TEMA.

As
datas de exame poden atoparse na seguinte ligazón:
http://feduc.webs.uvigo.es/index.php?id=60,0,0,1,0,0</a></p>

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000