Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nos primeiros dias de clase explicarase o programa dla materia, ofrecerase o material preciso e explicarase o manexo da plataforma TEMA.
Lección maxistral A Lección maxistral utilizarase para a explicación dos contidos teóricos. Constitue unha actividade presencial na aula mediante a utilización de medios personais e audiovisuais. Estas leccións estructuranse en catro partes: introdución, desenvolvemento, conclusións e debate, para explicar e aclarar os concetos clave tanto teóricos como prácticos. As sesións maxistrais realizaranse con todo o grupo clase co fin de o alumnado domine os principios e conceptos traballados e adquira unha cultura argumentativa que lle axudará a resolver as partes teóricas do proxecto.
Para o desenvolvemento das sesións teóricas, previo ao inicio de cada bloque de contidos, entrégase ao alumnado em FAITIC un pequeno dossier no que se inclúe:
* Explicación de obxectivos e contidos.
* Guión desenvolto de cada un dos temas e conceptos básicos.
* Liñas xerais do desenvolvemento metodolóxico e proposta de actividades.
* Prácticas relacionadas co bloque temático.
* Temporalización.
* Criterios e estratexias de avaliación que se seguirán nese bloque.
* Documentos de lectura obrigatoria.
* Bibliografía de ampliación.
Aprendizaxe baseado en proxectos Utilizarase como metodoloxía base o Aprendizaxe Basado en Proyectos ou Project Based Learning (PBL). Tratase dunha metodoloxía didáctica que utiliza metodoloxías activas e colaborativas cuio obxectivo é que o alumnado alcance o dominio duns contidos mediante a realización dun proxecto diseñado polo profesor.
Siguiendo a Edwards (2000) o proceso para levar a cabo o diseño por proxectos é o seguinte:
* Planificación da investigación
* Selección do tema
* Recollida da información
* Aplicación
* Análise de datos
* Informe
* Seguimento e avaliación

O proxecto consistirá na elaboración dunha unidade didáctica integrada que se realizará individualmente ó longo do curso. Cada elemento curricular desta unidade terá un apartado teórico de fundamentación e análise que se realizará a través de consultas documentais e bibliográficas e tamén um apartado de diseño curricular. As diferentes fases do proxecto concretaranse nun produto escrito no ordenador para incorporar na plataforma. A profesora ofrecerá posibles temáticas para a unidade didáctica.
A elaboración do proxecto terá varias fases que coinciden co diseño dos elementos curriculares dunha unidade didáctica.
Para desenvolver o proxecto o alumnado terá en conta as explicacións teóricas da profesora e o traballo en equipo cos compañeiros donde se realizará unha retroalimentación do proceso para correxir o antes posible os posibles erros no desenvolvemento do proxecto .
Prácticas autónomas a través de TIC O alumno atopará na plataforma TEMA unha serie de exercicios que lle facilitarán a resolución do seu proxecto individualizado e lle axudará a cimentar os conceptos teóricos.
Titoría en grupo O traballo individual e en grupos pequenos, onde o profesor pode facer un seguimento individualizado, constitue unha actividade autónoma, que ensina o alumnado a traballar de forma independiente e a tomar decisións por si mesmo, facilitando o descubrimento do coñecemento coa orientación da profesora. O alumno debe coordinarse co resto dos compañeiros do equipo, co fin de desenvolver aprendizaxes activos e significativos de forma colaborativa.
As titorías grupais teñen como fin consensuar a temática da unidade, revisar o formato e presentación na aula, correxir as posibles problemáticas que se presenten na elaboración do proxecto e dos diferentes materiais, asesorar sobre alternativas de actuación ou para ofrecer ampliación e reforzo en cada tema. A finalidade será que o alumnado consiga habilidades e destrezas de traballo en equipo e valore as aportacións e a retroalimentación dos compañeiros como medio de novos aprendizaxes. As tarefas a realizar serán as seguintes:
* Busca informática de datos. Manexo de fondos bibliográficos.
* Análise de textos e o material videográfico.
* Elaboración e corrección das diferentes fases do proxecto e dos diferentes materiais
Estudo previo O alumnado realizará un minicurso sobre búsqueda en bases de datos documental e lexislativa para facilitar o seu traballo de investigación individualizada en cada tema.
Eventos científicos O alumnado poderá aportar documentación de outros eventos educativos que se realicen na facultade, na universidade ou no contexto social próximo sempre que axuden o desenvolvemento exitoso da materia e a asimilación e dominio dos contidos.
Seminario A profesora organizará un seminario monográfico sobre un tema de actualidade e sempre relacionado con unha temática da materia para facilitar a comprensión do contido e a interdisciplinariedade que se produce no eido didáctico dada a complexidade do feito educativo.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000