Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2018_19
Materia Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación primaria Código P02G120V01201
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Pino Juste, Margarita Rosa
Correo-e mpino@uvigo.es
Profesorado
Domínguez Pérez, María Teresa
Gonzalo Rodriguez, María Paz
Pino Juste, Margarita Rosa
Web http://webs/uvigo.es/mpino
Descrición xeral O curriculum é o eixo sobre o que se desenvolve o labor educativo, tanto nos seus aspectos concetuais (concecións, compoñentes, niveis, etc.) como nos procedimentais (procesos de deseño, posta en práctica, avaliación, etc.), de aí que figure como de formación básica unha materia que aborde a citada temática.
A materia adecúase ao perfil profesional e académico da titulación nos seguintes aspectos:
(a) En relación coa temática referida ao currículo
- En termos xerais, asesoramento grupal e individual sobre calquera aspecto relacionado co ámbito curricular
- Especificamente, o relacionado co deseño e avaliación de programas educativos, de unidades didácticas, de materiais e actividades, así como de documentos de centro.
(b) En relación coa temática referida á innovación educativa e investigación
- Deseño, aplicación e avaliación de prácticas educativas innovadoras
- Elaboración de informes utilizando diferentes formatos para divulgar innovacións educativas
- Relación entre a innovación educativa e a investigación centrada no cambio
- Utilización do sistema de referencias bibliográficas recomendadas pola APA
- Coñecemento dos conceptos e procesos curriculares, así como das diferentes correntes de pensamento curricular
En relación ós campos profesionais nos que se proxecta:
* Deseño e planificación educativa
* Asesoramento a programas de innovación educativa e curricular
* Asesoramento nos procesos de avaliación educativa e a sua implementación
* Elaboración, deseño e actualización de programas curriculares
* Deseño de materiais educativos e curriculares
* Formación de docentes en procesos de ensino-aprendizaxe
* Asesoramento en plans formativos para organizacións e empresas
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000