Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Titoría en grupo • Descrición: este é un tempo reservado para atender e resolver dúbidas do alumnado.
Durante este curso cada alumna/o deberá dedicar 3 horas a esta actividade en despacho ou virtual a través de correo-e, tanto para resolver dúbidas teóricas como prácticas.

• Obxectivos:
Atención, seguimento e orientación do alumnado.
Intercambiar información, perspectivas e coñecementos.
Favorecer o feedback entre as persoas que compoñen o curso: entre o propio alumnado e entre docente e alumnado sobre os contidos e tarefas desenvolvidas na materia.
Seguimento da comprensión de conceptos e contidos así como resolución de dúbidas.
Asesoramento na procura de información.

• Modalidade: guiada.

• Natureza: teórica e práctica.

• Escenario: despacho 113, aulas C ou B, a través de correo-e

• Grupos: reducido

• Tarefas do alumnado: identificar as dúbidas e problemas de comprensión e formulalas, se pode ser, con posibilidades de resolución.
Traballo tutelado • Descrición: actividades que realiza o alumnado, algúns exemplos poden ser:
-Recensións sobre artigos científicos de actualidade
- análise de documentos audiovisuais
-Traballos monográficos
-Procura de información en publicacións, bases de datos, artigos, libros… sobre un tema en concreto.
-Proxectos: deseño e desenvolvemento dun traballo de investigación en grupo (aula B)que inclúa parte ou todas as actividades precedentes.

Quen se encargue da docencia acoutará e aceptará os temas de estudo propostos polo alumnado. Realizará o seguimento do traballo e avaliará o proceso e o resultado final.

• O obxectivo é adquirir e consolidar coñecementos e formar parte fundamental do traballo que se avalia.

• Modalidade: autónoma e guiada
• Natureza: práctica.
• Escenario: aual, despacho e rede

Realizarase en grupo reducido

O alumnado realizará o traballo a partir do guión proporcionado pola/o docente, dispoñendo das sesións de prácticas (horas B) e das sesións de titoría para facilitar o seguimento do seu traballo.
Presentación • Descrición: todos os traballos tutelados nas sesións prácticas deben ser presentados en público a todo o grupo en sesións habilitadas a tal efecto ao final do cuadrimestre. Teráse en conta a habilidade para comunicar e a capacidade de captar a atención do público así como a capacidade de síntese e os recursos empregados.

Tamén se poden expoñer, pero non é obrigatorio, outros traballos que se vaian realizando de forma voluntaria polo alumnado.

Estas exposicións consistirán en presentar un tema concreto ou un traballo (previa presentación escrita na que se avaliará o contido).

Trátase dunha metodoloxía que traballa unha competencia nuclear e transversal cuxo obxectivo é aprender a comunicar.

Os traballos expoñeranse en grupo -os que se realicen en grupo- ou individualmente os que se fagan desa forma con carácter voluntario.

As presentacións serán avaliadas en función dos criterios previamente establecidos, podendo incluso integrar a avaliación criterios e cualificacións incorporados polo alumnado.

• Modalidade: guiada
• Natureza: práctica
• Escenario: aula ordinaria que conta con recursos tecnolóxicos (canón de proxección, transparencias, conexión a Internet, vídeo ou DVD…)
• Grupo: grande, mediano ou reducido.
• Tarefas do alumnado:
Expoñer o traballo publicamente.
Defendelo, é dicir, debe responder ás preguntas e posibles críticas construtivas de colegas e docentes.
Poderanse explicar na parte final da exposición os problemas e obstáculos xurdidos durante la elaboración do traballo.
Foros de discusión • Descrición: esta é unha actividade que se realizaría a través das redes de comunicación creadas polo propio alumnado na que poderán debater e intercambiar informacións e opinións de interese para o desenvolvemento teórico e práctico da materia
• Obxectivos:
Coordinar e acordar as prioridades para o traballo de seminario
Abrir perspectivas e temas e traballar e consolidar coñecementos.
Cuestionar(se) opinións persoais e posibles prexuízos
Desenvolver habilidades comunicativas

• Modalidade: autónoma
• Natureza: práctica
• Escenario: non prescrito
• Grupos: grande ou reducido

• Quen teña a cargo a docencia, ou incluso o alumnado, proporá un tema de debate ou de estudo, se é preciso nomearase alguén que dinamice ou modere o foro.
Resolución de problemas de forma autónoma • Descrición: formulación, análise, resolución individual, e de proceder debate en grupo, dun exercicio relacionado coa temática da materia de forma autónoma por parte do alumnado.

• Obxectivo
Reflexionar sobre as cuestións principais da materia e relacionar teoría e práctica.
Introducir novos conceptos e integralos cos antigos.
Consolidar coñecementos.

Ao final de cada tema dos que compoñen a documentación básica para preparar a materia hai unha batería de cuestións ou exercicios denominadas actividades de autoavaliación, a resolución destas actividades integrará o contido do cartafol xunto coa documentación elaborada para os seminarios e outros traballos voluntarios. A/o docente poderá revisar este material que formará parte da avaliación final, tamén se poderá revisar a petición do alumnado.

• Modalidade: autónoma.
• Natureza: teórico-práctica.
• Escenario: non prescrito.

• Tarefas do alumnado:
Resolver a cuestión ou exercicio proposto pola/o docente a partir da documentación facilitada.
Aínda que as actividades se realizaren de forma autónoma, o alumnado disporá en todo momento de sesións de titoría para que a docente poida realizar o aompañamento e seguimento desta metodoloxía.

Prácticas autónomas a través de TIC • Descrición: desenvolver con axuda das TIC prácticas de búsqueda de información, manexo de ferramentas básicas para deseñar táboas e gráficas, tratamento de datos e búsqueda de fontes estatisticas.

Desenvolveranse 2 sesións ao inicio do curso en horas B, as dúas primeiras semanas, e outras 2, tamén en horas B cando o desenvolvemento dos traballos o requira, é dicir. no momento en que se trate de buscar, procesar e presentar a información para os traballos. Aproximadamente terán lugar na 2ª, 3ª, e 4ª semana de novembro.

• Obxectivos:
Facilitar a correlación entre a teoría e a práctica.
Consolidar coñecementos.
Utilizar programas ou recursos informáticos.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula de informática ou aula B e en grupo mediano.

• Que estea a cargo desta docencia deberá elaborar e proporcionar un guión para orientar a realización do traballo e das actividades concretas en cada caso, asemade deberá facer o seguimento da evolución da actividade do alumnado.

• Tarefas do alumnado: realizar a actividade proposta en tempo e forma.
Seminario • Descrición: trátase dun tipo de metodoloxía que combina o traballo autónomo co guiado de aula. Pretende profundar e ampliar o contido xeral da materia pero a través dun tema específico tratado no programa xeral da materia. O tema escollido é: Socialización, educación e xénero
Terán lugar 8 sesións de unha hora en pequeno grupo (sesións de horas C) en semanas alternas co fin de dar tempo a preparar lecturas de textos e procuras de información etc..
• Obxectivo: adquirir, comunicar e consolidar coñecementos teórico-prácticos e fomentar a interactividade entre a docente e o alumnado.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula ordinaria con recursos tecnolóxicos.
• Grupos: reducido
• Tarefas do alumnado: coordinación do grupo, xerarquización dos temas a tratar, procura de información, traballo de documentación, lectura e análise para achegalo ás demais persoas participantes no seminario.
Actividades introdutorias • Descrición:
Estas actividades realizaranse nas primeiras sesións nos diferentes grupos.
Están encamiñada a tomar contacto e a dar e recoller información sobre a materia e sobre o alumnado (coñecementos previos, intereses e motivacións).

Poderán presentarse curtametraxes ou outro tipo de pezas que o alumnado terá que analizar en forma de chuvia de ideas partindo dun guión proposto pola/o docente, quen preguntará sobre ideas e conceptos para coñecer o grao de afinidade e comprensión da materia.

Tamén se poderán propor cuestións ás que o alumnado terá que responder oralmente.

Asemade realizarase a presentación específica do curso: obxectivos, contidos, metodoloxía, avaliación, etc.

• Obxectivo: comunicar amigablemente que se pretende atinxir con este curso e de forma somera coa materia de Socioloxía. Aclarar, no posible, a finalidade da materia e o seu interese para o alumnado.
• Modalidade: guiada
• Natureza: teórico/práctica
• Escenario: aula ordinaria
• Grupo: calquera
• Tarefas do alumnado: participar activamente nas actividades propostas en aula
Estudo previo • Descrición: sempre antes de cada sesión presencial maxistral (horas A) ou do desenvolvemento de traballo práctico (horas B) ou seminarios (horas C) o alumnado realizará as actividades previstas como previas.

O alumnado deberá procurar, ler e traballar a documentación ou o material proposto e facilitado pola/o docente.
Pode ser para unha actividade teórica - procura de información, análise e organización de documentación- ou a realización dunha tarefa que deba ser resolta con traballo práctico.
• Obxectivo: habituarse a asistir ás aulas cun mínimo de coñecementos da materia que permita avanzar a bo ritmo e compartir coñecementos para facilitar o debate en sesión maxistral, seminario ou práctica.

A/o docente porá a disposición do alumnado o material de lectura ou as indicacións para obtelo.

• Modalidade: autónoma.
• Natureza: práctica.
• Escenario: Non prescrito.
• Realizarase en grupo reducido ou de forma individual.

• Tarefas do alumnado:
Procurar a documentación (bibliográfica, bases de datos, Internet, etc.)
Ler a documentación facilitada polo/a docente ou obtida de forma autónoma.
Lección maxistral Non se trata de realizar leccións ao uso, pois a presentación estruturada e ordenada dos temas xa está a disposición do alumnado na plataforma.
Nos tempos dedicados á exposición a cargo da/o docente levarase a cabo a explicación e aclaracións do contido da materia:
Relacionala coas sesións anteriores e posteriores
Resaltar as ideas principais
Aclarar aqueles puntos máis complexos
Dar a aplabra ao alumnado para resolver as dúbidas e ofrecer exemplos (de actualidade, reais, etc.), relacionar os novos conceptos, e asegurar a comprensión do contido empregando a exposición teórica ou a discusión e debate.

• Obxectivo: abrir portas a novos coñecementos
• Modalidade: guiada, a presenza de docente é necesaria.
• Natureza: teórica.
• Escenario: aula ordinaria A (na que se desenvolven habitualmente as aulas).

Recursos tecnolóxicos (malia non ser imprescindibles poderán empregarse o proxector, conexión a Internet, vídeo ou dvd…).

• Grupos: grande.

• Tarefas do alumnado: participar activamente na sesión (tomar notas, tomar a palabra, contestar preguntas…).
Resolución de problemas • Descrición: formulación, análise, resolución e debate de exercicios relacionados coa temática da materia.
A docente propón, ao final de cada tema, por escrito e de forma organizada unha batería de exercicios e actividades.
A documentación de consulta e lectura estará a disposición do alumnado e conforma a guía de orientación e análise, centra os puntos de interese, de ampliación ou de complexidade para a posterior discusión e posta en común na aula.
En hora A realizarase un exercicio escrito por cada tema que será recollido pola docente na aula para incorporase a avaliación.
En todas as sesións maxistrais a docente preguntará pola realización dos exercicios de autoavaliación, polas dificultades e dúbidas atopadas e recollerá os comentarios e achegas do alumnado comentados en público. Resolveránse na aula cantas dubidas se presenten deste xeito.

• Obxectivo: Reflexionar e relacionar teoría e práctica e proporcionar feedback ao alumnado sobre o proceso de aprendizaxe. Realmente é unha peza metodolóxica integrada, que permite aprender, consolidar, ampliar, autoavaliar e avaliar, e comunicar na aula.
• Modalidade: guiada.
• Natureza: práctica.
• Escenario: aula ordinaria con recursos tecnolóxicos.
• Grupo: grande.
• Tarefas do alumnado: o alumnado deberá resolver os exercizos propostos a partir do material de estudo facilitado pola docente. Posteriormente terá lugar unha posta en común.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000