Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1.- A perspectiva sociolóxica: perspectivas teóricas e conceptos básicos. Apéndice metodolóxico A perspectiva teórica da Socioloxía

- Perspectiva sociolóxica, perspectiva global e perspectiva sociolóxica na vida cotiá. A Socioloxía como ciencia: orixes e desenvolvemento.
- Teoría sociolóxica: principais paradigmas e novas perspectivas, nomeadamente perspectiva de xénero e feminista. O debate entre estrutura e acción

Conceptos básicos:

- Que entendemos por sociedade, evolución e tipos de sociedade
- Individuo e sociedade, achegas da socioloxía clásica: Marx, Weber e Durkheim (conflito, racionalización, función, anomia)
- Cultura: conceptualización, diversidade cultural, subcultura e contracultura; multiculturalidade e interculturalidade. Símbolos, valores, normas, desviación e control social
- Estrutura social e interacción (status e rol)
- Estratificación social: clase, xénero e etnia
- Grupos e organizacións

Apéndice metodolóxico básico para a realización do proxecto de investigación:
Metodoloxía, nocións básicas para o traballo de investigación: a definición do problema, as achegas teóricas, a formulación da hipótese, a escolla do deseño (distinción métodos e ferramentas básicas), recollida e compilación dos datos, interpretación dos resultados, elaboración de informe.
TEMA 2.- Socioloxía da familia e da infancia. Socialización, perspectiva teórica e axentes principais
Que é a socialización? Concepto, proceso, teorías e axentes principais.
Análise sociolóxica da familia
- Que son as familias? Definición, natureza e evolución histórica
- Principais perspectivas teóricas: funcións, desigualdade, patriarcado e análise micro.
- A transformación da institución familiar na actualidade, diversidade de modelos fronte ao modelo tradicional.
- A cara escura das familias, a violencia intrafamiliar e a violencia de xénero

Análise sociolóxica da infancia
- A construción social da infancia, as perspectivas teóricas sobre a infancia, a infancia maltratada e excluída, a infancia postmoderna
- A socialización na infancia no marco da familia e da escola. Os modelos de socialización familiar, a relación familia-escola. A socialización no xénero como exemplo de socialización diferencial e de transformación



TEMA 3.- Contexto social, cambios sociodemográficos e acceso ao mercado de traballo. Políticas educativas O contexto social actual, cambio e transformación acelerada. Sociedade transformacional e líquida
- Cambios sociodemográficos: natalidade, esperanza de vida, acceso ao mercado de traballo, ... e como afectan estes cambios na estrutura social e na construción social das categorías de idade e de xénero, así como no consumo ou nas migracións, ...)
- Relación entre sistema social e sistema educativo, xenealoxía do sistema escolar -Características comúns e xerais dos sistemas educativos (xeneralidade, obrigatoriedade, ramificación, burocratización)
- A eficacia da socialización escolar e o acceso ao mercado de traballo.
Políticas educativas, innovación e reforma, con referencia á necesidade da coeducación.

Apéndice coas explicacións teóricas da relación entre educación e sociedade: da achega dos clásicos aos paradigmas actuais. De especial interese para o marco teórico dos proxectos de investigación




TEMA 4.- Educación e cidadanía
- A estratificación social e as súas consecuencias no sistema educativo, nos grupos sociais e nos individuos: discriminación, inclusión/exclusión social, participación na vida política e económica
- A teoría sociolóxica aborda a desigualdade
- A relación entre clase social e educación
- O xénero como categoría relevante na desigualdade educativa. A división sexual do traballo e o sexismo no currículo e na interacción. A necesidade da coeducación e da educación afectivo sexual.
- A diversidade cultural e a interculturalidade como reto para os sistemas educativos actuais sociedade global.
TEMA 5.- As función sociais do sistema educativo

- A socialización para o traballo como elemento fundamental da relación entre a escola e a sociedade
- A importancia da formación cívica nunha sociedade democrática
- A socialización para o consumo e o patriarcado no noso modelo
- A construción do consenso social a través da educación escolar
- A creación de identidade nacional
- A regulación do mercado de traballo
-A custodia da infancia.
TEMA 6.- Cultura e educación: culturas familiares e cultura escolar. Curriculo oculto e socialización - Que é o currículo dende a perspectiva sociolóxica: expreso, evidente, visible, oculto, invisible, omitido; saberes, hábitos, espazos e tempos, a organización escolar como elemento esencial na análise do currículo
- As relacións sociais do proceso educativo: inculcación, selección/omisión, segregación/inclusión
A relación entre educación familiar, demandas da comunidade e práctica na escola.
- Os nesgos de xénero, de clase e étnicos no sistema educativo, e os factores sociais de rendemento escolar relacionados con eles.

Achegas teóricas relevantes:
- A reprodución cultural e social na escola
- A violencia simbólica.
- Lingua e currículo
- A escola aparello de poder disciplinario
TEMA 7.- Socioloxía da interacción na aula. currículo oculto e socialización na aula e no centro. Resolución de conflitos - A análise sociolóxica do profesorado. A feminización da profesión docente.
- A aula como microsociedade: significación social da aula e da relación educativa, poder e estratificación: xénero, clase e etnia
- A aula como marco de comportamento: negociación, estigma e resistencia.
- A comunicación na aula e a constitución do individuo illado
- Resolución de conflitos: aprender a recoñecer e a amar na escola, a importancia da educación afectiva a da aplicación de modelos integradores baseados no concepto de construción social.
TEMA 8.- A escola debe responder a o novo modelo de sociedade. O impacto das TIC na educación - A revolución das TIC e a sociedadade da información, impacto na economía, na democracia, nas relacións sociais, a creación de novas culturas e os novos riscos.

- O impacto das linguaxes audiovisuais e das pantallas na socialización, xénero e uso das TIC.

- Sinerxías e oportunidades das TIC para transformar o modelo educativo, novos contornos de aprendizaxe e de relación, a transformación do espazo/tempo; eliminación de algunhas barreiras no acceso á educación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000