Guia docente 2018_19
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades dirixidas a:
- presentación da materia
- tomar contacto cos estudantes
- recoller información sobre coñecementos e motivacións dos estudantes
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo e as súas bases teóricas
Estudo previo Procura, lectura e traballo de documentación, propostas de resolución de problemas e/ou exercicios que se realizarán no aula de forma autónoma por parte do alumnado.
Traballos de aula Proposta e resolución de actividades e traballos de grupo na aula baixo a supervisión dos docentes.
Presentación Exposición por parte do alumnado ante os docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo
Estudo de casos Resolución de actividades, estudo de casos, elaboración de documentos sobre a temática da materia, tanto na aula como fóra dela, baixo a dirección dos docentes.
Traballo tutelado Entrevistas que os grupos manteñen cos docentes para asesoramento, apoio e seguimento das actividades da materia. Teñen como obxecto facilitar o desenvolvemento e progreso dos informes e memoria de prácticas e a súa realización axustada.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000