Guia docente 2021_22
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Teoría e historia da educación
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

Non hai cambios respecto á guía docente inicial.

Traballos tutelados.- Co cometido de iniciación a investigación. Relacionados coa temática da materia.
Resolución de problemas de xeito autónomo.- Consistirán na realización dun análise crítico e reflexivo de texto ofertados relacionados co contido da materia.
Lección maxistral.- As leccións que conforman o temario da material. O profesorado centrará a exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, apoiado de medios visuais e bibliográficos.


* Metodoloxías docentes que se modifican

Non existen modificacións con respecto á guía docente, Si, en canto ao modo de realización da docencia, xa que se empregará a metodoloxía virtual.
A plataforma de teledocencia da Universidade de Vigo (Moovi e Campus virtual) será o recurso para levar a cabo a actividade da materia.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):

Realizarase atención, seguimento e apoio do alumnado a través dos sistemas de comunicación on-line facilitados polo UVIGO correo electrónico, Moovi e despacho virtual.
Modalidade de concertación: previa cita.

* Modificacións (se procede) dos contidos a impartir: Non hai modificacións respecto á guía docente inicial.

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe:

Sumamos á existente inicialmente a que se refire:

Castejón Juan Luis & Navas Leandro (eds), Dificultades y Transtornos del aprendizaje y del desarrollo en infantil y primaria.Editorial Club Universitario (ECU). edición adaptada (2017)
Celestin Freinet. Técnicas Freinet da Escola Moderna.1ª ed . Editorial Kalandraka. 2019.
Colom Anton , Dominguez Emilia, Sarramona Jaume. Formación básica para los profesionales de la educación. Barcelona. Editorial Ariel, S.A.
Francesco Tonucci. A cidade dos nenos. 1ª ed. De 11/2016 en galego. Editorial Kalandraka, 2016.
Francesco Tonucci. Cando os nenos din basta!.1ª ed. 2016 en galego.Editorial Kalandraka, 2016.
Gonzalo Jover, Vincent Gonzálvez, Miriam Prieto. Una filosofia de la educación del siglo XXI. Editorial Sintesís, S.A, 2017.
Maria Montesori. Educación para un mundo novo. 1ª ed. 2016 en galego. Editorial Kalandraka, 2016.


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===

* Probas pendentes que se manteñen

Non existen modificación en referenza as mesma, SI en canto ao peso:
- Traballos monográfícos tutelados (de 20% pasa a 25%)
- Resolución de problemas de xeito autónomo (Dossier) (de 10% pasa a 25%)
- Lección maxistral - Exame de preguntas curtas (de 70% pasa a 50%)

* Probas que se modifican

Traballos monográficos tutelados: a modificación correspóndese ao xeito de realizar a actividade, de forma virtual

Resolución de problemas de xeito autónomo (Dossier): non hai modificación

Lección Maxistral - Exame de preguntas curtas: exame de preguntas curtas a través do Campus Remoto e/ou Moovi.

* Información adicional:

A cualificación final da materia é continuada, coa integración das distintas notas, que deberán ser positivas.
No exame de xullo avaliarase mediante o exercizo escrito, a entrega do traballo monográfico e o dossier (calquera das partes xa resoltas de xeito positivo, materá vixente está situación na segunda convocatoria).
O o alumno/a que non teña realizadas todas as actividades de avalición obtén a calificación de SUSPENSO.



Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000