Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Teoría e historia da educación
   Competencias de titulación
Código Descrición
A5 Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuir á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes
A10 Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes
A11 Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural
A12 Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios de educación primaria e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Capacidade de organización e planificación
B3 Comunicación oral e escrita
B5 Coñecementos de informática
B6 Capacidade de xestión da información
B7 Resolución de problemas
B8 Toma de decisións
B9 Traballo en equipo
B11 Habilidades nas relacións interpersoais
B13 Razoamento crítico
B15 Aprendizaxe autónoma
B21 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000