Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Fundamentos didácticos e organizativos do ensino
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Estudo de casos/análises de situacións Esta metodoloxía consistirá na ánalise intensiva e completa dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e, en ocasións, familiarizarso cos posibles procedementos alternativos de solución.
Sesión maxistral A través de esta metodoloxía farase a presentación dos temas loxícamente esructurados coa finalidadde de facilitar información organizada seguindo criterios axeitados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos a traballar.
Proxectos Mediante esta metodoloxía os estudantes levarán a cabo a realización dun proxecto para resolver un problema ou abordar unha tarefa mediante a planificación, deseño e realización dunha serie de actividades, e todo iso a partir do desenvolvemento e aplicación das aprendizaxes adquiridas e do uso efectivo de recursos.
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentar a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
Titoría en grupo A través delas facilitarase e orientarase aos estudantes no seu proceso formativo, podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo (aspectos académicos, actitudinais, personais, sociais...).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000