O Proxecto Fin de Grao poderá derivar das actividades desenvolvidas no Prácticum. Sexa como for, deberase demostrar a capacidade para a elaboración dun informe ou proxecto
de intervención e a súa exposición e defensa en público. |
O contido do traballo poderá ser: informe dunha investigación educativa, deseño dun proxecto de intervención educativa ou sistematización dunha experiencia de intervención profesional como mestre
en Educación Infantil. Os traballos de Fin de Grao realízanse sobre aspectos,
ámbitos e colectivos obxecto de intervención no ámbito educativo, así como sobre calquera outra liña temática que se puidese acordar no seu momento. |