Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Técnica vocal e práctica coral
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe baseado en proxectos Serán varias as estratexias que poñamos a disposición do alumnado para seguir con éxito o desenvolvemento da materia: Durante a realización dos proxectos o alumnado poderá comprobar se o seu traballo é correcto a través de modelos comparativos. Nas Titorías grupais o alumnado pode ir comprobando a evolución na aprendizaxe mediante a retroalimentación do proceso tanto na relación co profesor como cos seus compañeiros (co-avaliación). Intentaremos poñer en común os avances e estado actual do rendemento individual e de grupo. Ademaís disporá de probas de autoavaliación co fin de reflexionar de forma sistemática sobre o que se está a facer, os avances sobre o aprendido, e a funcionalidade práctica dos contidos impartidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000