Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Técnica vocal e práctica coral
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nos primeiros dias de clase explicarase o programa dla materia, ofrecerase o material preciso e explicarase a avaliación da materia
Lección maxistral A Lección maxistral utilizarase para a explicación dos contidos teóricos. Constitue unha actividade presencial na aula mediante a utilización de medios personais e audiovisuais. Estas leccións estructuranse en catro partes: introdución, desenvolvemento, conclusións e debate, para explicar e aclarar os conceptos clave tanto teóricos como prácticos. As sesións maxistrais realizaranse con todo o grupo clase co fin de o alumnado domine os principios e conceptos traballados e adquira unha cultura argumentativa que lle axudará a resolver as partes teóricas do proxecto.

Aprendizaxe baseado en proxectos Utilizarase como metodoloxía base o Aprendizaxe Basado en Proyectos ou Project Based Learning
(PBL). Tratase dunha metodoloxía didáctica que utiliza metodoloxías activas e colaborativas cuio
obxectivo é que o alumnado alcance o dominio duns contidos mediante a realización dun proxecto.
Siguiendo a Edwards (2000) o proceso para levar a cabo o diseño por proxectos é o seguinte:
* Planificación da investigación
* Selección do tema
* Recollida da información
* Aplicación
* Análise de datos
* Informe
* Seguimento e avaliación
O proxecto consistirá na elaboración dunha unidade didáctica integrada que se realizará
individualmente ó longo do curso. Cada elemento curricular desta unidade terá un apartado teórico
de fundamentación e análise que se realizará a través de consultas documentais e bibliográficas e
tamén um apartado de diseño curricular. As diferentes fases do proxecto concretaranse nun
produto escrito no ordenador para incorporar na plataforma. A profesora ofrecerá posibles
temáticas para a unidade didáctica.
A elaboración do proxecto terá varias fases que coinciden co diseño dos elementos curriculares
dunha unidade didáctica.
Para desenvolver o proxecto o alumnado terá en conta as explicacións teóricas da profesora e o
traballo en equipo cos compañeiros donde se realizará unha retroalimentación do proceso para
correxir o antes posible os posibles erros no desenvolvemento do proxecto, e a experiencia dos
compañeiros de outros cursos o que permitirá una coavaliación do proceso.
Utilizaranse diferentes estratexias didácticas, como a gamificación, técnicas cooperativas ou a aula
invertida e recursos e materiais propios de cada disciplina. No desenvolvemento do proxecto
cumpren un papel fundamental as contornas virtuais de aprendizaxe que neste caso virán
desenvolvidas a través da plataforma (MOOVI)
Eventos científicos O alumnado poderá aportar documentación de outros eventos educativos que se realicen na
facultade, na universidade ou no contexto social próximo sempre que axuden o desenvolvemento exitoso da materia e a asimilación e dominio dos contidos
Prácticas de laboratorio Neste tipo de sesións o alumnado traballare de xeito práctico os diferentes contidos propoñendo aplicacións didácticas aos problemas propostos e valorando a súa resolución
Gamificación Con caracter permanente propoñerase ao alumnado a realización de prácticas a través de métodos de gamificación que serán recollidos e postos en práctica co uso das TIC
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000