O alumnado que non asista ás clases ou que non acade a asistencia mínima para ser avaliado como alumnado presencial, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia, o cal lle indicará as tarefas que debe realizar para superar a mesma. Asimesmo, para o alumnado que non supere a meteria na primeira convocatoria, na segunda convocatoria (xullo) só se avaliarán as competencias non acadadas na primeira convocatoria. Estas tarefas consistirán fundamentalmente en: Prácticas: 1)execución de fragmentos musicais tocando un instrumento escolar 2)demostrar saber dirixir unha peza musical e saber crear un acompañamento 3) Saber instrumentar unha peza musical para orquestra escolar Teóricas: Demostrar de coñecer os elementos da linguaxe musical: a) melodía (notas, escalas, modos e tonalidades) b)harmonía (Pedal, Bordón, Ostinatos e Acordes) c) ritmo (sílabas, Kodaly, Sistema cronométrico). As datas de exames se poden consultar na web da facultade no apartado de organización académica http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames |