TODO O ALUMNADO, ASISTA OU NON ÁS AULAS, TEN DEREITO A SER
AVALIADO (MEDIANTE UN EXAME OU NO MODO EN QUE SE ESTABLEZA NESTA GUÍA
DOCENTE Na primeira convocatoria: A parte teórica sumará
ata o 40 % (as probas de pregunta curta e resolución de problemas e/ou
exercicios) a parte práctica o 40 % (probas prácticas, traballos e
exposición na aula) e o 20% a asistencia. Será necesario superar o 5 (o
50 % da nota) tanto na parte teórica como na práctica separadamente e o
80% da asistencia a clase. Para a segunda convocatoria: Na parte teórica, as partes aprobadas teranse en conta coa nota correspondente. A
parte práctica, recuperarase mediante supostos prácticos do xogo motor,
que o alumnado debe resolver segundo o contido teórico práctico de cada
unha das partes. De
non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non
adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo. As
datas oficiais dos exames
pódense consultar na web da facultade na ligazón http://fcced.uvigo.es/es/docencia/examenes |