Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Didáctica das matemáticas para a educación infantil
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Introducción e presentación da materia.
Reparto da documentación base.
Referencias bibliográficas recomendadas.
Información sobre os traballos en grupo e os temas.
Formación dos grupos e escolla do traballo.
Pautas e métodos para a exposición dos traballos.
Calendario das exposicións.
Sesión maxistral Presentación e explicación dos contidos do temario.
Síntese e reflexión sobre os contidos.
Presentación de materiais para o ensino da matemática.
O estudante incorporará ao seu caderno de traballo o desenvolvemento do temario e os documentos que entregue o profesor.
Titoría en grupo Os grupos de traballo informarán ao profesor sobre o tema escollido.
O profesor dará as indicacións pertinentes e aconsellará sobre a mellor forma de presentalo e expoñelo.
Traballos tutelados Os estudantes formarán grupos para traballar e expoñer un tema monográfico de Didáctica da Matemática na Educación Infantil.
Os temas serán propostos polo profesor e escollidos polos grupos. Poden ser propostos outros temas sempre que sexan sometidos á consideración do profesor.
Cada grupo informará ao profesor do tema escollido, os integrantes do grupo e a bibliografía inicial. Os traballos se irán asignando por rigorosa orde de solicitude.
Presentacións/exposicións O calendario para as exposicións será establecido polo profesor segundo criterios académicos que dará a coñecer aos estudantes.
Deberán entregar ao profesor unha copia escrita así como un resumo do mesmo en soporte informático.
Os traballos serán expostos de forma oral por todos os membros do grupo sendo obrigatoria a asistencia a todas as exposicións.
Na aula se propiciará a reflexión e discusión sobre os temas expostos.
Os resumos de todos os traballos expostos quedará a disposición dos estudantes para que podan incorporalos ao seu caderno de traballo.
Obradoiros Exposición, coñecemento e traballo directo con diferentes xogos de regras e materiais manipulativos para a matemática na Educación Infantil.
Consulta e estudo da súa utilidade.
Apuntamentos e recollida de información que será incorporada ao caderno de traballo.
A asistencia é obrigatoria. O seu control sera mediante sinatura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000