Guia docente 2018_19
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo na aula virtual da materia - curso, os informes descritivos das prácticas de laboratorio realizadas acompañados os informes de valoracións persoais e conclusións. 34 C33
C36
C40
D1
D2
D3
D6
D9
Resolución de problemas Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo na aula virtual da materia - curso, un traballo monográfico de investigación sobre unha situación - problema en relación co medio.
Esta tarefa poderá substituírse pola elaboración dun diario de clase que recolla o acontecido na aula, as actividades e tarefas desenvolvidas,... xunto con valoracións persoais e grupais de cada sesión
33 B1
C33
C36
C40
D1
D2
D3
D6
D7
D9
D13
D15
Traballo Cada alumna e cada alumno do curso elaborará, na aula virtual da materia, unha presentación multimedia para exposición pública sobre a programación e o posible tratamento globalizado de aula dunha aprendizaxe de coñecemento científico polo alumnado de educación infantil. 33 B11
C33
C36
C40
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D13
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Condicións de avaliación:
  •  Cada alumna e cada alumno confeccionará unha carpeta/diario e/ou caderno de laboratorio nos que haberá parte grupal e parte individual, e subiraa á sección particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, este traballo conterá un diario personal de seguimento das sesións lectivas, cos apuntamentos de aula, ampliacións, achegas, reflexións e coa avaliación e autoavaliación das sesións correspondentes. A realización completa e a entrega deste diario/carpeta/caderno de laboratorio será condición necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade presencial de avaliación continua.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso disporanse, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual cómpre asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento idóneo.
  • Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan adecuadas.
  • A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
  • O alumnado que non asistiu a clase, para obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas escrituras presenciais sobre os contidos da materia xerais e de laboratorio, respectivamente)- as  datas de exames poden consultarse na web http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames-. Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.

‘De non ter superada a materia na primeira convocatoria, as competencias non adquiridas serán avaliadas na convocatoria de xullo’.

  • Criterios de avaliación da 2ª convocatoria 
  • Para obter unh avaliación positiva o alumnado que asistiu regularmente a clase, coa porcentaxe de asistencia indicada anteriormente, poderá optar por presentar as tarefas e traballos pendentes indicados para a 1ª convocatoria ou pola realización de exame ((dúas probas escrituras presenciais sobre os contidos da materia xerais e de laboratorio, respectivamente)- as datas de exames poden consultarse na web da facultade http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames. Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares. 
  • O alumnado que non asistiu a clase , para obter unha avaliación positiva, deberá realizar exame (dúas probas escrituras presenciais sobre os contidos da materia xerais e de laboratorio, respectivamente)-  as datas de exames poden consultarse na web http://fcced.uvigo.es/gl/docencia/exames. Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto. A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000