Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Informes/memorias de prácticas Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo na aula virtual da materia - curso, os informes descriptivos das prácticas de laboratorio realizadas. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada alumna e cada alumno confeccionará, no seu caderno de traballo na aula virtual da materia - curso, un trabalo monográfico de investigación sobre unha situación - problema en relación co medio. 40
Traballos e proxectos Cada alumna e cada alumno do curso elaborará, na aula virtual da materia, unha presentación multimedia para exposición pública sobre a programación e o posible tratamento globalizado de aula dunha aprendizaxe de coñecemento científico polo alumnado de educación infantil. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  • Neste curso preténdese continuar coa experimentación o Proxecto de Innovación: "DESEÑO E IMPLANTACIÓN DE PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN EN GRAOS E POSGRAOS A TRAVÉS DA PLATAFORMA TEMA: CUESTIONARIOS KPSI, RÚBRICAS E MAPAS CONCEPTUAIS EN FORMATO DIXITAL" (Pendente de Resolución Reitoral), consistente en:

    Neste marco proponse o deseño e implantación de procedementos que inciden no proceso de aprendizaxe (avaliación formativa e formadora, na que o alumnado é corresponsable) a través dos seguintes instrumentos: Cuestionarios ou formularios Knowledge and Prior Study Inventory (KPSI), Rúbricas ou matrices de valoración e Mapas Conceptuais. Todos eles están inseridos na combinación entre o traballo cooperativo e o individual, pois se ben os procesos de aprendizaxe teñen lugar socialmente, a aprendizaxe é individual. No caso dos Mapas Conceptuais tamén se utilizan como probas de execución ou realización.
  • Cada alumna e cada alumno confeccionará un cartafol/diario ou caderno nos que haberá parte grupal e parte individual, na sección particular específica da aula virtual da materia - curso en FAITIC, que consistirá nun diario persoal de seguimento das sesións lectivas, coas notas de aula, ampliacións, achegas, reflexións propias e coa avaliación e autoavaliación das sesións correspondentes.
    A realización completa e a entrega deste cartafol será condición necesaria e imprescindible para acollerse á opción de modalidade presencial de avaliación continua.
  • Os documentos e arquivos dos traballos e tarefas do curso serán dispostos, en tempo e forma segundo os prazos programados, por cada alumna e cada alumno no seu espazo persoal respectivo na aula virtual do curso en FAITIC, en formatos de código aberto ou de visores libres.
  • Na bibliografía inclúese a referencia completa do libro titulado Ciencia para educadores. O uso deste libro é obrigatorio para poder realizar unha parte importante das actividades e traballos que serán obxecto de avaliación.
  • Para poder acollerse á avaliación continua a través de actividades na aula virtual é preciso asistir ás aulas nun 80% do tempo presencial cun aproveitamento axeitado.
  • Para obter unha avaliación positiva é preciso obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto nas sesións presenciais, xa que se valorará como condición imprescindible que o aproveitamento e a participación sexan axeitadas.
  • A cualificación final será obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións singulares.
  • Criterios de avaliación da 2ª convocatoria Para obter unha avaliación positiva o alumnado poderá optar por acollerse ás
    mesmas condicións que as establecidas para a 1ª CONVOCATORIA ou pola realización
    de dúas probas escritas presenciais sobre os contidos desenvolvidos na aula e no
    laboratorio, respectivamente. Cómpre obter a cualificación de aprobado en cada un dos apartados
    establecidos nas probas de avaliación e observar un comportamento correcto . A cualificación final será
    obtida mediante a acumulación porcentual de cada unha das cualificacións
    singulares.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000