Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Coñecemento do medio natural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación sobre a estruturación dos contidos da materia, da metodoloxía de traballo e dos modelos a estudar previo análise de ideas e concepcións previas do alumnado.
Lección maxistral Exposición da profesora o do profesor sobre ámbitos temáticos dos contidos da materia.
Resolución de problemas Resolución en pequeno grupo e en gran grupo de exercicios pechados e de situacións-problema abertas sobre os contidos da materia, coa asistencia da profesora ou do profesor.
Estudo de casos Realización de debates e de xogos de simulación ciencia-tecnoloxía-sociedade-medio ambiente - xénero.
Prácticas de laboratorio Realización de actividades experimentais na aula - laboratorio e toma directa de datos no medio ambiente, no contorno próximo.
Saídas de estudo Actividades de aplicación, contraste e observación dos coñecementos nun contexto determinado nun espazo externo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000